Belategui Regueiro, marca de artesanía de Cambre: «O tecido é para nós unha forma de vida»
Os cambreses á fronte destos traballos afondan na necesidade de transmitir as técnicas ancestrais para que perduren no tempo

Obradoiro de Belategui & Regueiro, en Cambre. | Casteleiro
Durante máis de vinte anos, dende un pequeno atelier en Cambre, os artesáns Luisa Estévez y Óscar Montero crearon tecidos únicos, usando tanto os materiais tradicionais como os menos convencionais, levándolles a traballar con marcas de alta costura.
Tras tanto tempo no mundo artesán, «case xa non hai unha liña que separe o traballo da vida», sinala Estévez. A parella comezou a aprender a tecer a modo de pasatempo en teares de alto lizo, «máis sinxelo» e a experiencia motivoulles a seguir explorando esta arte, ata o punto de comezar nos de baixo lizo e achegarse a «todos os artesáns que nos quixeran ensinar».
Vendo que cada vez lle adicaban máis tempo aos teares, a parella decidiu montar en Cambre, o sitio onde vivían, a súa marca Belategui Regueiro, unha homenaxe as súas nais. «Decidimos utilizar os segundos apelidos das nosas nais, porque eran eses apelidos que neses momentos perdíanse», explica Estévez, que engade que querían facerlles «unha pequena homenaxe». «Para nós significaba moito porque as nais eran as que levaban a importancia da educación dos fillos e da transmisión de valores», di a cambresa.
Ambos artesáns prestan moita atención non só a aprender e crear os tecidos cada día, senón tamén a traballar nesa labor de divulgación que consideran esencial para a transmisións dos coñecementos tradicionais. «O tecido é para nós unha forma de vida e de comunicar», di a artesán, que remarca que canta máis vexa e entendan os labores, iso axuda a manter os procesos ancestrais que «intentamos que non se perdan». Dentro desas técnicas hai moito máis traballo que o de simplemente sentarse a tecer, e Estévez afirma que hai moitas máis horas adicadas ao detalle e a planificar as pezas. «Tes que definir a finalidade do proxecto e tes que facer os cálculos: cantos fíos necesitas, de que lonxitude vai ser, e preparar os teares para poder enfrentarte. É algo longo en tempo e intenso en atención para que despois teña o tecido as características que lle queres dar», relata.
Algo que é moi propio de Belategui Regueiro, di a artesán, é o uso de materiais «pouco convencionais» para a creación das súas obras. «É bastante característico noso a construción de tecidos con rodas pinchadas de bicicletas,con neopreno de traxes desbotados de rafting, materiais que normalmente non se incorporan a tecido», sinala Estévez. Entre as súas creacións están por exemplo tecidos para casas de alta costura que combinan rafias, cintas de veludo e cadeas.
O camiño para chegar ata ese resultado final é lento e require dun trato «moi cercano» cos clientes para descubrir exactamente que queren do producto. «Normalmente cando alguén recorre a nós para facer unha peza especial, xa veñen cunha idea ou cunha imaxe visual do que lle gustaría. Aí empezamos a falar de cal é o uso, que queren que transmita, como queren que se note ao tacto...», describe a cambresa, que engade que todas estas conversacións acaban tendo unha «carga emocional». «Soe ser unha fase moi chula, ti es quen vai construír algo que reflicta o que a outra persoa quere sentir cando utiliza unha peza», conclúe.
Para estes cambreses o importante para a artesanía non é só de recoñecer que está aí senón tamén de darlle importancia ás técnicas e procesos «conservalos e transmitilos, traelos do pasado, mantelos e levalos ao futuro tamén», apunta Estévez.
«Nós pensamos que, se a forma de traballar, as técnicas ancestrais e tradicionais as utilizamos para facer proxectos contemporáneos, que se poidan utilizar neste momento, que expresen cousas relacionadas coa vida actual pois contribuímos a que todos eses procesos se manteñan e se difundan», di a artesán.
Dentro desa divulgación están especialmente agradecidos pola «visibilidade» que lles outorgou o premio da Academia de moda, na categoría de altas artesanías aplicadas á moda. «A visibilidade nos sirve para transmitir no que cremos— un uso respectuoso cos materiais, e duradeiro das pezas que se utilicen, a posibilidade de utilizar unha peza con distintas funcións ao longo do tempo», sinala Estévez, que remarca na importancia de «pasar da obsolescencia programada e facerte con roupas ou pezas artísticas que duran no tempo e que ti te sintas contento con ela».
Suscríbete para seguir leyendo
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- Mirtha Aranda, repostera de Arteixo: «Me despedí de mi país haciendo 2.000 panetones para mis vecinos»
- Una empresa exige 9 millones a Arteixo por el vertedero ilegal de Monticaño
- Un vídeo sobre Oleiros en Youtube acumula más de 30.000 visitas en 24 horas
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre
- A subasta por 4 millones uno de los mayores paquetes de suelo industrial del área de A Coruña
- De solar abandonado en Sada a huerto vecinal: «Hay un ambiente maravilloso»
- Heridos un hombre de 70 y una mujer de 45 al ser atropellados mientras auxiliaban a un conductor en A Laracha