Cita co mel en Perillo: «A velutina é un problema gravísimo, un inimigo feroz»
A XXXV Feira do Mel que organiza o Concello de Oleiros reúne hoxe a 45 apicultores de toda Galicia cando as vespas invasoras fan casi inviable a apicultura nas Mariñas coruñesas

Expositores e asistentes nunha feira do mel de Oleiros. | LOC
«É unha feira moi concorrida, das máis de España», asegura o apicultor Germán Tuñas, de Mel Flor do Xallas, de Santa Comba, sobre a Feira do Mel de Oleiros, que celebra hoxe a súa XXXV edición en Perillo. A pista polideportiva, cuberta, reunirá a 45 apicultores nunha cita consolidada nunha zona na que o sector sofre con especial crueza os embates das avespas velutinas. «Aquí, nas Mariñas coruñesas, por desgraza, acabaron coas nosas abellas. En toda a Mariña coruñesa non hai abellas, non quedan, porque é moito traballo para os apicultores e mórrenlles e as velutinas, non hai quen poida con elas», asegura Paula Patiño, de Acastrexa, marca que conta co selo de calidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e co de ámbito estatal, explica, e que hoxe vai levar á feira varios produtos elaborados a partir de mel, dos que destaca os caramelos de propóleo.
«O mel é un alimento en perigo de extinción», avisa Patiño. Tuñas, máis optimista coa supervivencia do mel, si incide en que, para a do ser humano, son determinantes as abellas. «Como desaparezan as abellas do mundo, quédanos un cuarto de hora, un telediario. Teñen moito que ver coa polinización. Aparte dos danos ecolóxicos, que se non hai abellas, Dios mío!, para a alimentación dependemos da fecundación das especies que teñen flor, e as abellas reproducen esas especies. O dano podía ser tremendo», reflexiona o apicultor. «Acabar coa apicultura non acabará, o que pasa é que causa unhas perdas aos apicultores tremendas», comenta e precisa que se estima que as reducións nas colmeas por causa das velutinas representan entre o 30% e o 40%.
Coinciden Tuñas e Patiño en destacar as propiedades para a saúde que gardan os produtos da colmea, máis aló das toses dos invernos. Inciden, tamén, na diferenza abismal entre os meles naturais, como os haberá hoxe en Perillo, e certos «sucedáneos» máis comerciais, que «non son mel» ou que «cun quilo del mel fan 100». Anima Tuñas a achegarse a Perillo, probar cantas se queira e mercar.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una de las naves históricas de la N-VI en Bergondo se prepara para volver a la actividad
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- Mirtha Aranda, repostera de Arteixo: «Me despedí de mi país haciendo 2.000 panetones para mis vecinos»
- Un vídeo sobre Oleiros en Youtube acumula más de 30.000 visitas en 24 horas
- A subasta por 4 millones uno de los mayores paquetes de suelo industrial del área de A Coruña
- La Xunta pondrá a la venta y alquiler las 17 viviendas públicas que construirá en Vilaboa
- Oleiros se suma a la tendencia de convertir bajos en viviendas
- Nueva vida para una joya modernista: el chalé de Miodelo encuentra comprador