Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG de Oza-Cesuras logra apoio para mellorar a AC-840

Oza-Cesuras

O BNG de Oza-Cesuras celebra o apoio acadado no último pleno municipal para sacar adiante a súa moción para mellorar a seguridade viaria na AC-840, ao seu paso polo núcleo do Castiñeiro. «Trátase dunha vía con alta densidade de tráfico e numerosos puntos nos que se ve comprometida a seguridade viaria, tanto para os vehículos como para os peóns», explica a portavoz municipal do BNG, Estefanía Busto. O grupo fai especial énfase en que se trata dunha zona con pouca visibilidade, o que obriga a facer maniobras «perigosas».

Tracking Pixel Contents