Alberte Regueiro, fotógrafo e voceiro do BNG en Cerceda: «Nunca fun de agocharme ante nada, e co libro quero mostrarme ao mundo»
O político e diseñador gráfico presentará o 21 de novembro no auditorio de Cerceda ‘Silencios’, unha obra que reúne 200 das 80.000 fotografías que o cercedense captou durante os últimos 20 anos. Un traballo que recolle «a calma e a pausa» da comarca e de diferentes países europeos

Alberte Sánchez Regueiro. / Úrsula Prego.
‘Silencios’ reúne nada menos que 20 anos de traballo. En que momento se decatou de que todo este arquivo podería converterse nun libro?
Foi algo que fixen sen pensar. O que tiña claro era que quería amosar parte de todo o traballo que tiña esquecido nos caixóns. Cheguei a xuntar máis de 80.000 imaxes de diferentes lugares do mundo.
Cun catálogo tan extenso, como foi o proceso de selección das fotografías?
Primeiro seleccionei 6.000, despois quedeime en 4.000 e ao final fun acortando ata chegar ás 200 fotografías. Escollín as que considerei que aportaban cohesión e narrativa a este libro sobre os silencios.
Que sente ao abrir ao público unha obra tan persoal e tan dilatada no tempo?
Nunca tiven problema en mostrar os meus sentimientos nin a miña intimidade, e este libro non ía ser menos. Nunca fun unha persoa de agocharme ante nada, e con este libro quero amosarme ao mundo. Quero compartir o meu traballo coa xente para que o poidan xulgar por eles mesmos.
Que é o que entende vostede por silencios?
Para min son esas narrativas que conseguen xerar calma, xa sexa para ben ou para mal.
E fala de afectos e relacións humanas nos seu epílogo.
Si, porque diso vai todo. Escribín un pequeno texto ao rematar de recolectar as fotografías no que expreso todo iso que me evocan as imaxes. Falo do amor e do querer en todos os aspectos. Dende o amor a un veciño ata a árbore que temos a carón da casa. Este mundo móveo o amor, e aínda que sexa un tópico, é a realidade.
Como describiría a fotografía que se vai atopar a xente neste libro?
É pausada. É unha fotografía que invita a mirar con pausa o mundo no que vivimos. Hai persoas anónimas nalgunhas imaxes nas que intentei captar os seus silencios. A maioría foron feitas en Cerceda e na comarca, pero tamén fixen moitas fotos de viaxes por toda Europa. Non falo dun lugar, senón dun sentimento que pretendo transmitir, e para iso non hai un único escenario. A beleza do mundo hai que pararse a vela en cada recuncho.
Cre que a súa faceta de político está presente neste traballo?
Diría que non, pero é inevitable que estea plasmado parte do que penso e defenso nas miñas fotografías. Son un fiel defensor do medio ambiente, e iso nótase ao ver o libro. O amor que teño pola nosa terra está aí. Estamos estragando todo a pasos axigantados, e dáme moita mágoa que non fagamos nada por parar este desastre.
Que sensacións lle gustaría provocar nos lectores?
Quedaría gratamente agasallado se alguén, despois de ler o libro, parase pola rúa para ver os pétalos dunha flor, con calma, e dixese: «que bonita é esta vida».
Suscríbete para seguir leyendo
- Una de las naves históricas de la N-VI en Bergondo se prepara para volver a la actividad
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- Mirtha Aranda, repostera de Arteixo: «Me despedí de mi país haciendo 2.000 panetones para mis vecinos»
- Un vídeo sobre Oleiros en Youtube acumula más de 30.000 visitas en 24 horas
- A subasta por 4 millones uno de los mayores paquetes de suelo industrial del área de A Coruña
- La Xunta pondrá a la venta y alquiler las 17 viviendas públicas que construirá en Vilaboa
- Oleiros se suma a la tendencia de convertir bajos en viviendas
- Nueva vida para una joya modernista: el chalé de Miodelo encuentra comprador