O BNG denuncia que máis do 50% dos usuarios do comedor poderán quedar sen axudas
O BNG de Sada advertiu dunha «situación preocupante» tras coñecerse os primeiros datos do novo procedemento de concesión das axudas de comedor do colexio de Mondego. A formación desvela que tan só 12 familias lograron presentar toda a documentación en regra, a pesar de que o comedor contou o pasado curso con arredor de 200 comensais de media. O resto dos solicitantes, 69, terán que subsanar deficiencias na documentación; «No mellor dos casos, as axudas non chegarán nin ao 50% dos comensais», denuncia.
Os datos, afirman os nacionalistas,avalan o seu voto en contra o cambio do sistema de concesión de axudas, que ata o curso pasado xestionaba a Anpa, «que repartía de maneira equitativa o importe achegado polo Concello entre todas as familias usuarias». O pleno optou por mudar o sistema para repartir as subvencións en función da renda, pero o BNG expresou as súas dúbidas por complicar os requisitos burocráticos.
- Tres amigas de Arteixo marcan la pisada del futuro con su zapatería barefoot: 'Fuimos las primeras en la comarca
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre
- Una empresa exige 9 millones a Arteixo por el vertedero ilegal de Monticaño
- Un vídeo sobre Oleiros en Youtube acumula más de 30.000 visitas en 24 horas
- A subasta por 4 millones uno de los mayores paquetes de suelo industrial del área de A Coruña
- De solar abandonado en Sada a huerto vecinal: «Hay un ambiente maravilloso»
- Santa Cristina vive una segunda juventud: El tardeo y al vermú reactivan la zona
- Heridos un hombre de 70 y una mujer de 45 al ser atropellados mientras auxiliaban a un conductor en A Laracha