Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arteixo prepara outra edición do certame Manuel Murguía

Os interesados deberán presentar as súas creacións literarias en galego a partir do 31 de xaneiro

Arteixo

O Concello de Arteixo anuncia a apertura do trixésimo quinto Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, co obxectivo de promover a creación literaria galega, apoiar o talento narrativo e render homenaxe á figura de Manuel Murguía.

No certame poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que presenten unha obra orixinal, inédita e en lingua galega, de temática libre, cunha extensión de entre 30.000 e 70.000 caracteres.

As obras deberán presentarse preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Arteixo ou, excepcionalmente, por correo postal, garantindo sempre o anonimato das autorías.

O prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro. O certame contará con tres premios: o primeiro premio estará dotado de 4.000 euros, o segundo de 2.000, e o terceiro de 1.000, que serán entregados nun acto oficial o 8 de maio do próximo ano.

O xurado, composto por persoas de recoñecida experiencia literaria e asistido pola dirección literaria do certame, emitirá un veredicto inapelable, podendo declarar deserto algún ou todos os premios se as obras non cumpren os méritos requiridos.

As obras premiadas poderán ser publicadas nun volume colectivo ao longo dos cinco anos seguintes, respectando os dereitos de autoría dos participantes.

Tracking Pixel Contents