Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Viós celebra a Candeloria coa ruta do chourizo: "Queremos recuperar a memoria dos veciños"

A parroquia abegondesa de Viós celebra este domingo, 1 de febreiro, a súa Festa das Candeas. Os veciños farán unha ruta pola aldea para amosar a elaboración tradicional do chourizo, desde a crianza do porco, ata o proceso de afumado, con cata incluida.

Pachi Patiño cunha das veciñas de Viós amosando os chourizos que se catarán na ruta

Pachi Patiño cunha das veciñas de Viós amosando os chourizos que se catarán na ruta / Iago Lopez

Abegondo

Viós volta a ser o epicentro da festa esta fin de semana da Candeloria. Despois de facer actividades para lembrar como se facía o pan ou o queixo antigamente, este ano a parroquia volve a celebrar a Festa das Candeas dando un paseo por unha das tradicións como era a matanza do porco e a elaboración dos chourizos nunha Ruta dos Chourizos. 

Pachi Patiño, o presidente da asociación de veciños, explica que a idea dos itinerarios por estes oficios comezou coa intención de “recuperar a memoria os veciños da aldea” e de achegar aos máis pequenos ao medio ambiente que lles rodea. “O ano pasado fixemos a do queixo”, lembra. “Fomos a unha casa que aínda tiña vacas, fixemos o muxido tradicional á man e entre medias facíamos paradas en casa de veciños para comer filloas, orellas, cosas típicas desta época do ano”, di Patiño. 

Nesta edición decidiron centrarse na matanza e na elaboración de chourizos. “É época de matanza tamén e o porco é una animal co que che sostiñas boa parte do ano, e do que se aproveita todo. Como o chourizo soe gustar a todo o mundo, nenos e maiores, queríamos representar como se elaboraba nas casas”, sinala o presidente. 

Os porcos en semiliberdade que forman parte das Ruta dos Chourizos de Viós

Os porcos en semiliberdade que forman parte das Ruta dos Chourizos de Viós / Iago Lopez

Para isto, consideran unha ruta na que, saíndo do instituto, visitarán unha casa con porcos en semiliberdade, baixarán ata o río para ver unha antiga mesa da matanza e simular o lavado de tripas e logo, noutra casa casa amosarán como se envasaba o chourizo antigamente, ademais do macerado da zorza. As últimas paradas serán dedicadas ao afumado do produto e a cata do mesmo, non antes sen parar na casa da señora asunción para probar as filloas e as rosquillas. “Este ano tamén teremos a un xove de 16 anos que tocará a gaita e será a última parada antes de volver ao instituto para a sesión vermú”, detalla Patiño. 

Para planear esta ruta os veciños tiveron antes que buscar toda a información. “Nós recollemos practicamente da memoria dos veciños que facían ous chourizos antigamente, que son case todas as casas onde imos parar”, di o presidente da asociación, que engade que “que mellor que eles que nos expliquen toda esa ensinanza que lles transmitiron os seus antepasados, que agora imos tratar de transmitir aos rapaces máis novos da parroquia”.

A medida que pasan os anos a popularidade deste proxecto vai medrando e xa non é só os veciños da parroquia. “Foi aumentando moitísimo, o ano pasado igual rondabamos as 50 persoas. Os rapaces nos dan suxestións, cada un ten a súa iniciativa”, destaca Patiño.

E é que os máis pequenos amosan o maior interese. “Están acostumbrados a ver estes produtos no supermercado e que practicamente sexa nula a fabricación nas casas”, explica o presidente. 

“Estamos vendo que se están perdendo as costumes e agora non hai onde faga chourizo”, apunta. Cando el era pequeno a matanza era "unha festa", aínda que ninguén pensaba que “fora algo tan singular”. “Temos moitas anécdotas, sempre intentabamos meter a man en medio dos nosos pais para axudar, cando máis ben estorbábamos”, lembra Patiño

Con estas actividades a parroquia busca “conservar a memoria da xente maior”, ademais de darlle importancia as cousas cotiás que eles facían e crear unha comunidade relación entre os máis novos e os máis vellos. “A parroquia involúcrase moitísimo”, destaca o presidente.

Tracking Pixel Contents