Tres xeracións de artesáns gaiteiros en Cambre: "O meu pai tivo que inventar el as ferramentas que precisaba para montar unha gaita"
A familia Seivane crea no seu obradoiro en Cambre os instrumentos máis emblemáticos da música tradicional galega, combinando o coñecemento histórico coa produción industrial

Os traballadora do obradoiro de gaitas Seivane en Cambre. / Iago Lopez
Tres xeracións de artesáns traballan xuntos en Cambre para crear as gaitas máis apreciadas polos músicos tradicionais galegos. A familia Seivane comezou hai case 87 anos o seu percorrido no mundo da elaboración de instrumentos en A Pastoriza, Lugo, co seu pai como fundador da empresa. "En 1939 fixo a súa primeira gaita", sinala Álvaro Seivane, un dos xerentes do obradoiro.
"Comezou con moitas dificultades, porque non había medios, as ferramentas que tiñan eran moi escasas, a pesar de que o meu pai era ebanista de profesión. As ferramentas que precisaba para montar unha gaita tivo que inventalas el", lembra o artesán.
Seivane pai continuou o oficio no garaxe da casa familiar en Ribeira de Piquín. "Tiña ademais unha barbería, facía de todo", afirma o seu fillo. Neses inicios a produción de instrumentos era moi limitada. "O radio era moi pequeno, practicamente só a comarca, excepto algún emigrante que viña de París, ou de Barcelona ou Buenos Aires", apunta.
Os fillos aprenderon o oficio na casa, escoitando o seu pai. "Mamamos con el a construción das gaitas, porque o obradoiro estaba debaixo da casa. Nós estudabamos na cociña e aí fóisenos metendo o tema da afinación. Cando había unha nota que non arrancaba e o meu pai insistía e insistía, xa nos dabamos de conta", lembra Seivane.

Traballadores no obradoiro Seivane / Iago López
O seu pai nunca quixo que eles se adicaran ás gaitas, porque non daban para subsistir, así que mandou os fillos a estudar outras cousas. Álvaro rematou facendo automoción en Lugo e, ao rematar, mudouse a Barcelona para seguir estudando. "Aprendín moito o que era traballar con máquinas moi distintas, fresadoras, taladros, tornos... todas as ferramentas de alta precisión que había na época", di o artesán.
Aínda que lle gustaba o seu trabalo, seguía tendo "o desgusto" de non poder adicarse as gaitas como o seu pai. "En certo momento, houbo un cambio na miña vinda, que deixei de mirar cara o automóbil, e comecei a pensar na gaita", admite.
"Na fábrica vin tantos procesos de construción e empecei a pensar: 'pois isto aplicado á construción da gaita...' e comparaba a construción tradicional tan ornamentaria que había no momento coas formas que poderían cambiar", di Seivane. Nese momento prendéuselle a luz e comezou a idear como sería un gran obradoiro de construción, as distintas áreas de traballo e fixo unha maqueta co que pensaba que podería funcionar.

Obradoiro de gaitas Seivane en Cambre / Iago López
"Empecei a investigar, a visitar os centros de París, Bruxelas, Barcelona...", sinala o artesán. Ao final decantouse por Cambre pola súa proximidade á Coruña e porque xa coñecía a moitos gaiteiros da zona, das formacións como Cántigas da Terra ou Xacarandaina. O obradoiro de gaitas Seivane leva aí desde entón, hai case 39 anos.
O que eran pequenas producións de seis ou sete gaitas, todas sacadas da mesma tea ou material, hoxe convertéronse en instrumentos únicos, cun deseño para particular para cada gaiteiro. "Antes o que pedían os clientes era unha gaita que soara e que soara ben, pero había normalmente tres ou catro tonalidades. Hoxe xa temos 18 o 19 tonalidades, o necesario para tocar con calquera orquestra sinfónica", explica o artesán.
No día a día do obradoiro traballan Álvaro e os seus irmáns, acompañados das súas fillas e, pronto, dalgún neto. "Non temos ganas de frealos, se cando fagamos 65 pois nos din outro ano, eu non vou ir cos xubilados. Estarei ata que me boten", afirma Seivane.

Traballos no obradoiro de gaitas Seivane en Cambre / Iago López
Suscríbete para seguir leyendo
- El grupo de restauración La Penela, nuevo propietario de la antigua nave de Flex en Bergondo
- Una hostelera de Oleiros sufre un desmayo en su local y se queda sin baja laboral por ser autónoma
- De O Burgo al mundo: así es Jagger, el impresionante gran danés de 85 kilos que ha fichado Zara
- Nathalie Delgado, vecina de Oleiros: 'Mi perro me desfiguró la nariz y ahora tengo que vivir con él
- El juzgado cita a declarar a Benito Portela tras ser denunciado de nuevo por desoír la orden de derribo de dos edificios de Sada
- Comida casera sin límites: el buffet de 14 euros en A Coruña que revoluciona el menú del día
- Morás no frena: Arteixo autoriza la conexión para una nueva industria cárnica
- Arteixo arranca su Feria de Oportunidades: 'Tenemos una comerciante que lleva 23 años seguidos participando