A cantante Bea a de Estrella volve ao seu instituto polo 8M
O instituto Rego de Trabe de Culleredo conmemorou o Día Internacional da Muller celebrando a cantautora local Bea a de Estrella cunha placa na biblioteca onde estudaba como alumna

Bea a de Estrella durante o acto no IES Rego de Trabe. / LOC
A estela da celebración do Día Internacional da Muller continúa nos centros de Culleredo. O instituto Rego de Trabe conmemoraron o 8M nomeando a biblioteca do edificio das Mariñas por Bea a de Estrella, cantautora local e unha das primeiras mulleres en conseguir a titulación de técnica de Son na Coruña.
A cantante de Vilaboa e autora dos discos Mar de Fóra e Mareira, estivo este luns presente no centro para poñer a placa na que fora a súa antiga aula de música na Universidade Laboral, ademais de pasarse polas clases para falar cos alumnos e alumnas sobre a súa experiencia no mundo da produción musical. A cantautora revela que foi a Anpa Áncora á que lle propuxo a iniciativa. "A verdade é que a idea parecéume moi chula e emocioneime moito, porque calquer nomeamento ou calquera cousa que che fan no lugar onde estudaches, porque é unha biblioteca onde eu estudei música, é moi bonito e moi sentido", sinala a artista.
Durante a súa conversa coas estudantes Bea reflexionou sobre a súa experiencia na música e falou tamén con eles sobre os retos que afrontou como muller nunha industria tipicamente masculina como é ser técnica de son. "Fun unha das primeiras mulleres na especialidade de Son, nunha escola que era pioneira non só na Coruña senón no estado español", lembra a artista, que destaca que, aínda que as cousas estean mudando, "hai uns anos era complicado entrar nun estudo de gravación sendo muller, ou estar en directo".
Cos alumnos de bacharelato do Rego de Trabe tamén destacou algunhas das súas experiencias como profesional en traballos discográficos, eventos ou colaboracións con artistas. "A experiencia que máis lembro é cando querías facer directo ou querías estar nun estudo de gravación e era un gueto, cargabas con algunha cousa como un altavoz e dicíanche unhas cousas totalmente rancias", di a cantautora, algo que "afortunadamente está cambiando".
A xornada finalizou coa entrada da profesora de música, que convidou a artista a dar unha clase co alumnado de educación secundaria. Bea marchou do seu antigo centro sentíndose "moi agradecida e moi interpelada", tras poder intercambiar cos rapaces e rapazas opinións sobre música, letras e o que se escoita hoxe en día. "Eu intentei marcarlles a importancia de que non deixen de soñar, que non deixen de pensar que nada é imposible, e que si, que é moito mellor ser diferente. A diferencia da unha oportunidade e que se compartan moitas cousas diferentes", asegurou.
Suscríbete para seguir leyendo
- Terrazas secretas en A Coruña: las 6 joyas de barrio favoritas de los vecinos (de Lonzas a O Portiño) para merendar al sol esta primavera
- Así es el calendario del Deportivo en la recta final de Segunda División: rivales, viajes y duelos directos
- Los Jove, Collazo y Modesto Rodríguez promueven pisos turísticos en dos edificios ruinosos en el centro de A Coruña
- Del primer Zara del mundo a supermercado Dia: el emblemático local de Juan Flórez, en A Coruña, ya tiene nuevo inquilino
- El lotero acusado de quedarse con la Primitiva millonaria: 'Cuando encuentro el boleto no tengo a nadie delante
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- Francisco Vázquez, exalcalde de A Coruña, solicita al Deportivo no cambiar su topónimo
- Así está la clasificación de Segunda División: El Dépor recupera la segunda plaza