Sementeira celebra dez anos recuperando a música tradicional en Cambre
No primeiro de dous concertos este ano a agrupación compila un repertorio de muiñeiras dos anos 70 e 80

Actuación do grupo de instrumentos tradicionais de Sementeira, na presentación do seu primeiro disco / LOC
O grupo de instrumentos tradicionais de Sementeira en Cambre cumpre 10 anos de encontros da música tradicional. Tras unha década creando un espazo onde aprender doutras agrupacións o conxunto celebra facendo una "pequena parada no camiño" e anuncia dous concertos no ano, o primeiro deles no Salón de Actos da escola en Sigrás ás 20.00 horas este sábado.
A agrupación comezou entón a senda da recuperación dos instrumentos tradicionais e, aínda que entón, xa había "moitísima xente bailando e tocando" na música galega, segundo di o seu director Luis Bolón, o cambio nos última década foi moito máis positivo. "A situación que temos agora é tremendamente boa, porque o foco que ten a música tradicional a nivel xeral é moi grande e iso tamén nos permite que todo o que nós facemos teña unha maior repercusión", afirma Bolón.
Esa evolución, que o director espera que vaia "colonizando novos espazos", vese sobre todo na educación musical dos máis pequenos, onde Bolón admite, é agora moito máis sinxelos adaptar as pedagoxías a repertorios en galego. Un exemplo, di, é o concerto que Sementeira planea para o Día das Letras Galegas, onde farán un "supercoro" cos nenos de todas as escolas de Cambre. "Un proxecto así non é que hai 10 anos non puideras facelo, pero se o plantexas igual atopabas máis reticencias das que podes atopar agora", destaca o director.
O concerto deste sábado busca encaixar todos eses cambios cun repertorio de obras de finais dos anos 70. Entón, a agrupación organizaba un concurso de música baile e composición, nos que os participantes tiñan que escribir unha muiñeira. "No repertorio fomos rescatando algunhas delas, grazas á información que quedou en Sementeira ou que nos foron facilitando outras investigadoras e co que artellamos ese corpus de muiñeiras", apunta Bolón. Varias destas cancións, como Rueiro, xa están presentes no seu primeiro disco, que sacaron hai pouco máis dun ano.
Unha iniciativa deste tipo non só supón botar man de investigadores, senón tamén de vellos coñecidos e músicos que escoitaron ou tocaron eles mesmos as cancións. "É un proceso moi interesante", explica o director, que engade que unha vez se traballa con xente que coñece o material de primeira man "podes entender a emoción que supuxo iso ou como viviron esas persoas" e se intente replicala. "Creo que o máis valioso deste tipo de proxectos, ese factor humano que fai que a música soe diferente en cada sitio e en cada momento", afirma.
Presentación do disco en xuño
Tras esa primeira sesión celebratoria o público terá que esperar ata xuño, onde poderá escoitar o repertorio do seu segundo álbum. "Neste segundo traballo imos ampliar o corpus musical e intentar buscar referencias instrumentais noutras músicas tanto do país como da península", sinala o director. Con este traballo a agrupación publicará tamén unha recompilación das diferentes partituras que foron atopando para o repertorio, para que outros músicos poidan tocalas.
Nese acto tamén participarán outras agrupacións tradicionais da zona, haberá un roteiro e un concerto de música medieval.
Suscríbete para seguir leyendo
- RC Deportivo - CD Mirandés, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Yeremay, Noubi y Riki, titulares
- A la venta Bambina, la discoteca que marcó la noche de Santa Cristina en los 90
- Del primer Zara del mundo a supermercado Dia: el emblemático local de Juan Flórez, en A Coruña, ya tiene nuevo inquilino
- Oleiros se niega a 'regalar dinero público' para que el 1A llegue a Santa Cristina
- Un juzgado de A Coruña perdona casi medio millón de euros a un empresario arruinado por la negligencia de sus socios
- El profesor de la UDC Carlos Jiménez, premio a la Excelencia en Química de Productos Naturales
- Javier Carrá Abad: 'En Londres tengo mucha calidad de vida, pero siempre pienso en volver a A Coruña
- La Policía Nacional investiga como homicidio el hallazgo de un cadáver en A Coruña, en Os Mallos