O BNG da Laracha instala un punto de recollida de sinaturas para pedir turno de tarde no centro de saúde
A portavoz, Carolina Castiñeiras, di que o grupo está «sorprendido» pola cantidade de veciños que manteñen o médico noutra localidade

Punto de recollida de sinaturas do BNG na Feira de Paiosaco. / LOC
O BNG da Laracha, acompañado polo deputado Óscar Ínsua, e tamén arropupados por tres concelleiros do Goberno de Carballo, volveu saír á rúa para dar a coñecer a súas reivindicacións na mellora de servizos no centro de saúde da Laracha, instalando un punto de recollida de sinaturas na feira de Paiosaco para demandar turnos de tarde no ambulatorio. Durante a xornada repartiron folletos informativos, recolleron sinaturas e coñeceron de primeira man as inquedanzas da veciñanza.
«O que máis nos está a sorprender é a cantidade de xente que vive na Laracha e manten o médico noutra localidade, precisamente pola falta de servizo en horario vespertino, algo que lles resulta imprescindible para poder conciliar a vida persoal coa laboral», aseguran os promotores da iniciativa, que resaltan que en escasas tres horas conseguiron varios centos de sinaturas, logrando más de 500.
A portavoz do BNG larachés, Carolina Castiñeiras, declarou tamén que grazas á presión que está facendo a súa formación, están obrigando ao PP a «moverse». «Soubemos que en breve se vai implementar un servizo de psicoloxía no centro de saúde na Laracha, algo que consideramos esesncial e que xa debería de levar tempo funcionando. Lembremos que dende que se inagurou o PAC, o PP falou de incrementar servizos polos que a Laracha leva agardando dende antes da Pandemia», di Castiñeiras.
O Sergas pola súa parte indicou a este medio que non existen necesidades asistenciais sen cubrir no ambulatorio, que conta con 27 profesionais sanitarios, dos cales 12 son facultativos.
- Panadería Toñito expande su emporio de empanadas en Piadela con la construcción de sus nuevas instalaciones
- Las dos torres de cooperativas que se erguirán junto al Coliseum de A Coruña: casi 200 pisos y todos ya reservados
- Qué es Trison, la multinacional coruñesa afectada por un incendio en Sada que cuenta con Inditex entre sus históricos proveedores
- Un incendio en una nave de la multinacional Trison en Bergondo moviliza a bomberos comarcales, de Oleiros y de A Coruña
- La nueva pasarela peatonal en Alfonso Molina entre las estaciones de buses y trenes de A Coruña toma forma
- La Atalaya de los Jardines de Méndez Núñez de A Coruña acometerá trabajos de impermeabilización con la condición de acercarse a su estado original
- Luz, inclusión y vistas al pueblo: así será por dentro el nuevo Concello de A Laracha tras su reforma de 1,5 millones
- Las obras de urbanización de Visma en A Coruña descubren restos arqueológicos singulares