Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG larachés insta á Xunta a instalar unha quinta farmacia

O grupo demanda unha oficina para Paiosaco para cumprir coa promesa que fixo a Consellería en 2022

Cartel de la farmacia de la avenida de Arteixo, que anuncia a sus clientes que cerrará antes a partir del lunes.

Cartel de la farmacia de la avenida de Arteixo, que anuncia a sus clientes que cerrará antes a partir del lunes. / LOC

A Laracha

O BNG da Laracha demanda unha quinta farmacia para o municipio, e pide á Xunta que cumpra a promesa realizada en 2022 polo entón conselleiro de Sanidade, que anunciou que, dado que se cumprían os requisitos, incluiríase unha nova oficina farmacéutica en Paiosaco.

A través do deputado Óscar Insua, a formación nacionalista rexistrou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que insta ao Goberno galego a modificar e actualizar o mapa farmacéutico, engadindo unha nova farmacia para A Laracha, en concreto para a localidade de Paiosaco na parroquia de Lestón.

O BNG indica que dito mapa farmacéutico leva sen actualizarse desde 2017, a pesar de que houbo concellos que si sufriron algúns cambios demográficos, polo que cumprindo os requisitos esixidos, terían dereito a ter unha nova farmacia no seu municipio. “Este é o caso da Laracha, emprazado na lei como zona farmacéutica semiurbana ao ter unha poboación entre 10.000 e 30.000 habitantes, e que conta con catro farmacias autorizadas e abertas, e tería dereito a ter unha máis”, subliñaron.

Tracking Pixel Contents