María Torres, directora creativa de Elefante Elegante: "O noso desafío era conseguir un deseño fermoso pero en coherencia co tema"
A compañía teatral culleredense representará ao municipio nos premios de Teatro María Casares o próximo 8 de abril con nominacións a mellor vestiario e mellor actriz secundaria polo espectáculo 'Alta Costura'. A obra estará o próximo 18 de abril ás 20.30 hora no Auditorio Gabriel García Marquez de Mera, en Oleiros

Un instante de la obra 'Alta Costura', nominada a los premios de teatro María Casares / Vanessa Rabade
A compañía de teatro Elefante Elegante representará a Culleredo nos 30º premios de Teatro María Casares polo su traballo en Alta Costura, un espectáculo que fala do lado escuro do mundo da moda, dende a contaminación que produce, ás condicións laborais e como afecta á autoestima dos consumidores. María Torres é a directora creativa da compañía.
Por que viades necesario falar do mundo da moda y do fast fashion en Alta Costura?
É unha das industrias máis contaminantes do planeta, que transformou a súa forma de producir e a forma na que consumimos nos últimos 15 anos. Hai agora roupa no planeta para vestir ás próximas seis xeracións se se deixara de fabricar. A maioría desta roupa é sintética, e coa importancia que ten no cambio climático, sorprendeunos como é un tema que non se fala. Non se está falando de que toda a industria téxtil contamina tanto como o transporte aéreo e marítimo xuntos. Simplemente sería deixar de consumir un pouco. Non é cuestión de poñer en causa a moda, porque a todas nos gusta vestirnos dunha forma que nos sintamos que a nosa identidade se presenta. Se trata de como nos vestimos.
Para esta función, o vestiario é unha peza central e Carolina Díguele está nominada nos premios María Casares por el. Como foi o proceso de deseñalo?
Como xustamente o espectáculo pon en causa o consumo tan enorme que temos de roupa intentamos facer un exercicio para xuntar a coherencia estética coa creatividade. O Concello de Culleredo, que é co produtor do espectáculo, axudounos a facer unha campaña de recollida de roupa. O noso desafío era conseguir facer un deseño fermoso pero en coherencia tamén co tema. Primeiro fixemos un cásting de cores, e a partir de aí se recoseron moitas cousas, moitas prendas se reutilizaron. Podería dicir que apenas se comprou un metro de roupa. A lóxica era que todo fora reutilizado, retraballado, reciclado, pero moi fermoso.
Como foi traballar cos actores e en especial con Raquel Crespo, que tamén está nominada a mellor actriz secundaria?
O tema era tan vasto que organizámolo por mini temáticas, tendo multipersonaxes. É un espectáculo moi coral, onde os actores en función da necesidades nun momento poden estar evocando traballadores dunha fábrica en Asia e no seguinte a consumidores galegos nas rebaixas. Raquel concretamente ten un par de momentos especiais. Un deles é marabilloso e fai o traballo dunha influencer moi cómico pero moi pertinente. Baixa ao patio de butacas durante uns 15 minutos e acaba por meterse ao público no peto. É moi gozoso, moi crítico, moi sarcástico, pero ao mesmo tempo fainos rir moito de nós mesmas.
Que papel ten o humor para que os espectadoras aprendan a analizar estas problemáticas tan grandes?
É a ferramenta máis valiosa, porque ti non vas a darlles unha verdade, nin a predicar, nin a ser moralista. Vas a rirte da túa propia miseria humana. A capacidade de rirnos de nós mesmos é aquelo que nos fai aprender e nos fai abrirnos e non sentir que nos atacan. Abrandar o corazón das persoas para que se rían de si mesmas a min paréceme que é a ferramenta de transformación máis importante. O humor axúdanos a soportar a realidade.
Elefante Elegante cumple xa 25 anos e acumula varios premios María Casares. Como vos sentides cando saen as nominacións? Cal é o segredo para seguir triunfando despois de tantos anos?
Sentimos moita gratitude cara os compañeiros de profesión que co seu voto están refrendando todos os esforzos que realizamos. A título persoal, encantaríame que os María Casares que fose un xurado que vira todos os espectáculos en Galicia durante o ano. E sobre o noso traballo, somos moi formiguiña traballadora. Podes preguntarlle a calquera que traballe con nós, ata que non está todo ao mínimo detalle non se para. Creo que isto ven dun amor profundo ao teatro e da responsabilidade enorme que é estar nun escenario, que a xente saia da súa casa para vir verte. Non poden vir ver algo que ti non consideres que estás dando todo para que estea ao 100% ou ao 200% e se iso implica seguir traballando, aí estamos.
Suscríbete para seguir leyendo
- La parada de buses interurbanos en Entrejardines, en A Coruña, se trasladará a partir del 13 de abril a otra ubicación: junto a la sede central de Correos
- Las dos torres de cooperativas que se erguirán junto al Coliseum de A Coruña: casi 200 pisos y todos ya reservados
- El 'súper' fin de semana en el deporte de A Coruña: partido del Dépor, posible ascenso del Fabril y derbi del Leyma
- Panadería Toñito expande su emporio de empanadas en Piadela con la construcción de sus nuevas instalaciones
- Un incendio en una nave de la multinacional Trison en Bergondo moviliza a bomberos comarcales, de Oleiros y de A Coruña
- La Atalaya de los Jardines de Méndez Núñez de A Coruña acometerá trabajos de impermeabilización con la condición de acercarse a su estado original
- El Concello de A Coruña y la Xunta plantean que los taxis de la comarca puedan operar en todos los ayuntamientos del área sin limitaciones
- El Concello de A Coruña sanciona a la organizadora del poblado de Navidad en María Pita: 50.000 euros y tres años sin contratos