O movemento dos insumisos centra a primeira xornada do ciclo de Cine Documental Galego en Carral
O director Fernando Gómez "Peñaño" presentará o filme 'Crónicas dun non', que fala do movemento en contra do servizo militar obrigatorio. A proxección será na Casa da Cultura de Carral ás 20.00 horas

Unha mobilización en apoio de Fernando Gómez 'Peñaño' durante a súa encarceración por insumiso / Cedida
O ciclo de Cine Documental en Galego de Carral arranca este xoves coa película Crónicas dun non. A proposta de Fernando Gómez, coñecido como Peñaño, abre o debate sobre o movemento dos insumisos e como manter posturas pacifistas cando comezan a soar os tambores de guerra.
Crónicas dun non toma a experiencia persoal de Peñaño en 1989, cando formou parte do movemento en contra do servizo militar obrigatorio e terminou encarcerado na Prisión Militar de Caranza, en Ferrol. "De maneira organizada en todo o estado fumos a devolver as nosas cartillas militares aos cuarteis. Eu fun co meu compañeiro Ricardo Conde dos primeiros e ao longo dese ano presentáronse tres máis en Galicia", explica o director.
"Estiven en prisión preventiva, preso con Milans de Bosch, o tenente que mandou sacar vos tanques á rúa en Valencia durante no 23F", sinala Peñano. A pesar da dureza da experiencia, o cineasta usa o humor para reflexionar sobre a situación. "Eu sempre tirei do humor como unha dás armas para entender a vida. O humor e o amor, non son capaz de entender a vida sen esas dúas ferramentas", afirma e engade que "aínda que esa experiencia non é agradable, tamén intentei ver xa daquelas o humor, porque sen iso a vida é moi complicada".

Fernando Gómez durante o seu xuízo por negarse a facer o servizo militar obrigatorio / Cedida
O documental ten ecos na situación actual, cando o mundo volve estar mergullado en conflitos bélicos, e iso Peñaño o ve nos coloquios que mantén co público tras as proxeccións. "Parece que non aprendemos que as armas non logran resolver ningún conflito. É certo que pode parecer que o resolven porque durante un tempo o vencido parece que non existe, pero volven xurdir", destaca. "Os conflitos temos que tratar de resolvelos doutro xeito, coa palabra", di.
A película busca precisamente conectar cos máis novos para que entendan esta posición. Para iso fan uso de Nuria Grandío, coñecida como Konachadas, unha creadora de contido galega que fai un percorrido falando sobre estes temas. "Interesábame que a xente nova saiba que os dereitos custan moitísimo esforzo e sacrificio polas persoas que inician a loita, pero que logo son moi doados de virse abaixo", explica Peñaño.
Aposta pola non ficción en galego
Desde o Concello de Carral a concelleira de cultura Isabel López destaca a importancia de promover a industria audiovisual, especialmente en galego. "É unha maneira de que a nosa lingua teña máis visibilidade. Creo que debemos apostar moito polo cinema galego, pero en especial polo documental en galego", indica López.
O ciclo xa vai pola súa quinta edición e converteuse nun dos eventos culturais máis esperados na axenda carralesa. A concelleira sinala que unha das claves para o triunfo desta cita son precisamente os coloquios cos documentalistas. "Esa proximidade do director co público parécenos esencial porque é unha maneira de que se transmita moito máis que simplemente ver a película alí", di.
Este tipo de programas tamén son necesarios para que o público vexa todo o que pode ofrecer a non ficción. "Os documentais teñen unha calidade incrible, que non se valora o suficiente", afirma López. Alén de Crónicas dun non, na Casa da Cultura de Carral tamén se proxectarán as películas Onde máis doe, que trata a problemática da violencia vicaria, e Basal, que aborda o poder da música na saúde.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los vuelos de Londres, Málaga y Valencia abandonaron Alvedro con una ocupación media del 90% en su último mes
- Binter lanza una promoción para volar entre A Coruña y Canarias por 80 euros el trayecto
- El propietario del edificio número 137 de la ronda de Outeiro, en Os Mallos, planea vender el bloque entero tras desinfectarlo y realizar obras exigidas por el Concello de A Coruña
- La heladería artesanal mejor valorada de A Coruña: 'Nuestro helado de mango es como morder la fruta natural
- Tráfico fluido aunque con congestiones puntuales a pesar del corte de Monte Alto, Os Rosales y el paseo marítimo por O Gran Camiño
- Así es el calendario del Deportivo en la recta final de Segunda División: rivales, viajes y duelos directos
- Defensa se abre a transferir al Concello de A Coruña parte de los terrenos del cuartel de automóviles, pero sin entregas gratuitas
- El Museo de Belas Artes de A Coruña ya tiene nuevo director