Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xosé Antón Bocixa, vocalista de Zënzar: "Gustaríanos que a banda seguira renovándose e, segundo vaiamos morrendo, que outra xente colla o sitio"

A banda cercedense estrea a canción 'Parabéns' cun videoclip no que viaxaron no tempo ao pub dos seus inicios

La banda Zënzar, de Cerceda

La banda Zënzar, de Cerceda / JUAN LUIS RUA

Cerceda

O grupo cercedense de Zënzar leva 37 anos sobre os escenarios, pero os roqueiros non teñen previsión de parar. A formación acaba de estrear o seu novo tema, Parabéns, o adianto dun EP que incluirá tamén cancións gravadas en directo durante o seu concerto de 35 aniversario na Sala Capitol de Santiago.

Parabéns está gravada no local onde debutastes como grupo. Como foi facer ese videoclip?

O que queríamos era render homenaxe a todos eses anos iniciais, nos que tan poucos grupos cantábamos en galego. O local que a nós nos fixo tocar por primeira vez foi o pub Non Sei, na Silva, que viñan a buscarnos ao noso local de ensaio. Animámonos e foi o noso primeiro encontro con xente diante. Quixemos rendir homenaxe a toda esa xente que durante anos foi vernos, a eses bares que fan concertos. Collemos a máquina do tempo e ese local que levaba 13 anos pechado arreglouse un pouco e abriuse para unha noite. Alí estaban os catro irmáns coma sempre detrás da barra e estaba o escenario de sempre. Foi un concerto limitado de 150 persoas. Un encontro entre toda familia, cun público de 60 ata os catro anos. Foi moi bonito. 

No EP hai cancións do concerto do seu 35 aniversario. Como se sentiron lembrando ese momento na Capitol?

Fora un concerto moi especial. Alí colaboraron moitísimos amigos e amigas. Ocorréusenos que como queríamos sacar un EP incluír como agasallo algunhas desas cancións. Escollemos catro, unha mostra representativa de cancións con colaboracións como Vituco de Ruxe Ruxe, cos que aínda tocamos a semana pasada en Carballo, ou Xenderal, un rapaz de Cerceda que fai beatbox e unha música moi moderna. Queríamos voltar a aquela festa e recuperar algunhas desas cancións. 

Cambian de guitarrista. Como é incorporar a alguén novo nunha formación de tantos anos?

Estamos afeitos. Comezamos como cuarteto, logo incorporouse Mario á guitarra, despois Silveira deixouno e entrou Paco, logo o noso baixista morreu e entrou Laura. Paco xa estaba moi estresado e con necesidade de centrarse nos seus proxectos e de moi boas maneiras comentounos que precisaba deixalo. Pensamos noutro amigo que nos coñece de toda a vida e que ten moita experiencia, e Gonzalo dixo á primeira que si. O outro día fixemos o primeiro concerto e foi moi guai e moi contundente. Estamos encantados de que Gonzalo forme parte da familia Zënzar, que xa o era porque era un fan de sempre e montou as súas bandas inspiradas na nosa actividade. 

Despois de 37 anos de carreira musical, plantéxanse parar nalgún momento?

O noso é polo disfrute, somo yonquis do rock. O que sempre nos animou foi o estar xuntos, duisfrutar dos ensaios, dos concertos, da xente... cunha perspectiva moi pouco capitalista e con moito de compromiso coa nosa lingua. Afortunadamente hoxe en día o panorama non é como cando nós empezabamos nos 80 e 90 , que éramos catro matados cantando en galego. Estamos orgullosos que moita xente seguira os pasos daqueles primeiros grupos e que a día de hoxe a escena galega sexa unha bomba musical de estilos e de sons que están triunfando aquí e fóra. Iso é un motivo de orgullo. A nós o que nos queda é o disfrute e a satisfacción de ver o panorama pletórico e nós non nos plantexamos en absoluto deixar a música. Mentres poidamos o que nos gustaría é que a banda seguira renovándose e, segundo vaiamos morrendo, que outra xente colla o sitio e que siga tocando, disfrutando e fomentando a amizade e a tribu.

Tracking Pixel Contents