O BNG leva ao Parlamento a situación do CEIDA de Oleiros
O grupo recorda que o pasado mes de decembro fíxose público que os traballadores e traballadoras estaban a sufrir atrasos no pagamento das súas nóminas

Xornada de divulgación ambiental celebrada na sede do Ceida, en Oleiros. / LOC
O BNG acaba de levar ao Parlamento a situación do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA) que acolle o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, dende hai 26 anos.
O grupo recorda que o pasado mes de decembro fíxose público que os traballadores e traballadoras estaban a sufrir atrasos no pagamento das súas nóminas, e posteriormente apareceron varias informacións nos medios de comunicación que indicaban problemas, como mínimo, de entendemento entre as institucións responsables do CEIDA.
Por un lado, pola falta de renovación do posto de dirección, xa que o director debía estar xubilado desde o mes de outubro de 2025, cando fixo 70 anos, e, por outro, as acusacións en relación cos posibles problemas de xestión.
A Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático chegou a afirmar que poría en marcha unha auditoría en relación con este último asunto, da que non se coñeceu máis nada, tal e como asegurou o BNG, que esixe explicacións.
- Cerceda nota el tirón de la Vía Verde con 18.000 usuarios en 2025: 'En el bar pasamos de vender dos menús diarios a 40 en menos de un año
- El asador de Lugo que conquistó el polígono de Sabón con su chuletón: 'Solo ofrecemos producto de calidad
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular
- Oleiros abre el plazo para apuntarse a la cooperativa de la promoción Xardíns da Rabadeira
- El barbero de Arteixo que levantó su propio negocio con 19 años: 'Lo importante es formarse y tratar bien a la gente
- Una pareja de Culleredo acumula una deuda de 36.600 euros por un error con su dirección postal
- Cierra el Copacabana de A Coruña para celebrar sus 70 años por anticipado
- Cinco paseos marítimos cerca de A Coruña ideales para recorrer a pie: mar, acantilados y los mejores atardeceres de Galicia