Día das Letras Galegas
Cambre rende homenaxe desde o sábado 16 de maio á autora Begoña Caamaño
Sementeira de Cambre organiza un concerto en Sigrás, e o acto institucional será o domingo en Vila Concepción

Begoña Caamaño, fotografiada en 2013. | Xoán Álvarez
Cambre renderá homenaxe a próxima fin de semana á xornalista e escritora Begoña Caamaño, homenaxeada na edición desde ano do Día das Letras Galegas. Ás 12.00 horas do sábado 16 de maio Sementeira de Cambre organizará un concerto na Pista do Souto, en Sigrás, no que participarán dúas formacións principais da entidade, un coro de nenos dos centros Gonzalo Torrente Ballester e Portofaro e o alumnado da escola Sementeira e da agrupación Aires de Sigrás.
O acto institucional será ás 11.30 horas do domingo en Vila Concepción, onde se lerá obra de Begoña Caamaño con acompañamento musical e a proxección do documental sobre a súa vida e traxectoria elaborado pola Real Academia Galega. No acto lembrarase a súa traxectoria literaria e o compromiso cultural e social. A alcaldesa, Diana Piñeiro, destacou a importancia de actividades «que manteñan viva a nosa lingua» e acheguen a cultura galega á mocidade.
- Cerceda nota el tirón de la Vía Verde con 18.000 usuarios en 2025: 'En el bar pasamos de vender dos menús diarios a 40 en menos de un año
- El asador de Lugo que conquistó el polígono de Sabón con su chuletón: 'Solo ofrecemos producto de calidad
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular
- Oleiros abre el plazo para apuntarse a la cooperativa de la promoción Xardíns da Rabadeira
- Una pareja de Culleredo acumula una deuda de 36.600 euros por un error con su dirección postal
- Cierra el Copacabana de A Coruña para celebrar sus 70 años por anticipado
- Cinco paseos marítimos cerca de A Coruña ideales para recorrer a pie: mar, acantilados y los mejores atardeceres de Galicia
- El Gobierno confirma a Coventina como adjudicataria definitiva del nudo de Meirama para la central reversible de As Encrobas