O Grupo Naturalista Hábitat Opina
Sobre as aves do Mendo e do Carregal de Betanzos

Especies autóctonas no río Mandeo. / LOC
Cosme Damián Romay Cousido*
Coinciden nesta fin de semana varios eventos que celebran as nosas aves: o Día Mundial das Aves Migratorias, o Global Big Day (coa plataforma eBird.org coordinando a recollida de información) e outras iniciativas da man do Grupo Naturalista Hábitat arredor da riqueza ornitolóxica da ría do Burgo. En todo caso, é un momento ideal para coller uns binoculares e unha boa guía de campo e achegarse á enorme diversidade de aves da nosa contorna. Para a veciñanza de Betanzos, o río Mandeo e o río Mendo forman un «cinto verde» arredor da urbe, protexido baixo o paraugas legal da Rede Natura 2000 e cun extraordinario potencial para a observación ornitolóxica. A propia canle fluvial, o bosque de ribeira —hábitat de interese comunitaria de protección prioritaria— e as masas de herbáceas de zonas asolagables son os hábitats «estrela» de especies protexidas, algunhas delas cun estado de conservación desfavorable, como o picapeixe común, a rola brava, o moucho paleártico e mesmo o ouriolo europeo (coñecido localmente como «gaiolo»). A mágoa é que ata os anos 50 existía tamén unha extensa xunqueira salobre flanqueando a vila polo seu lado oeste: o Carregal. Esa área, na que se segaba o xunco para estrar as cortes, e onde pacía o gando cabalar e vacún, foi progresivamente sepultado con recheos e urbanizado masivamente con naves industriais, instalacións deportivas e mesmo con algúns edificios pretendidamente «habitables». Os asolagamentos recorrentes do Mendo, que se producían (e se producen!) cando coinciden mareas vivas e enchentas fluviais, mostraron como esa zona non é urbanizable, pola propia seguridade humana e dos seus bens materiais. Sorprendentemente, no Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Betanzos, que se someterá a votación o vindeiro día 19 de maio, está previsto urbanizar parcialmente esta zona asolagable, antiga xunqueira biodiversa e cuxo futuro debería ser un grande espazo verde de lecer para betanceiros e betanceiras, e nunca ser estragada polo ladrillazo. Curiosamente, ven de aprobarse por unanimidade no pleno de Betanzos a declaración da zona do Porto, O Carregal e río Mendo como «Área de Restauración Ecolóxica», ao amparo do Regulamento 2024/1991, que propiciaría a chegada de cuantiosos fondos europeos para a restauración de ecosistemas como a xunqueira do Carregal e o bosque de ribeira do Mendo. Infelizmente, mentras escribo estas liñas, o treito urbano dese bosque de ribeira do Mendo —dentro de Rede Natura 2000— está sendo cortado en plena época de cría de aves protexidas. Pouca celebración…
Conclusión: Sirvan estes eventos ornitolóxicos para reclamar unha protección efectiva das ribeiras do ríos Mendo en Mandeo en Betanzos, e para reclamar firmemente que non se urbanice O Carregal. Os betanceiros e betanceiras merecen máis zonas verdes biodiversas arredor da vila, e non máis ladrillazos. n
*Cosme Damián Romay Cousido é biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat
- La histórica panadería de Arteixo que sigue haciendo el pan como hace un siglo: 'De pequeño me dormía en los sacos de harina
- Cerceda nota el tirón de la Vía Verde con 18.000 usuarios en 2025: 'En el bar pasamos de vender dos menús diarios a 40 en menos de un año
- Marcos López, mejor instalador joven en la provincia de A Coruña: “Quiero ser electricista porque hay mucho futuro, tener una carrera ya no te asegura nada”
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular
- Al rescate del antiguo jardín y el bosque del pazo de Baldomir: 'Es una península anclada a otro tiempo
- Oleiros abre el plazo para apuntarse a la cooperativa de la promoción Xardíns da Rabadeira
- Luz verde a la rehabilitación de Oseiro y Sol y Mar: la Xunta aprueba las ayudas para reformar más de 700 viviendas en Arteixo
- Morás suma músculo industrial en Arteixo con un nuevo centro logístico de casi un millón de euros