Os guardiáns do río Valiñas: "A sociedade moderna non pode vivir de costas ao río"
O colectivo das Pedras Galladas prepara unha nova inspección do río este sábado tras unha comprobación do caudal exitosa o pasado mes de abril

Os voluntarios de Pedras Galladas durante a inspección do río en abril / LOC
O colectivo das Pedras Galladas, en Culleredo, volve cunha nova actividade de inspección do río Valiñas ao seu paso por Ledoño este próximo sábado. A iniciativa forma parte do Proxecto Ríos e ten como obxectivo analizar o estado de saúde do río á vez que se implica á veciñanza na conservación do medio natural.
A entidade xa fixera unha inspección o pasado mes de abril, liderada por un dos membros do colectivo, Álvaro Martínez. O "amante da natureza e dos ríos" explica que durante a súa inspección de abril o colectivo atopou o río nun estado "similar ao de anos anteriores". "Si que hai algunha alteración, pero que xa existía, como a construción da gasolineira de Ledoño", sinala Martínez.
"Nos terreos colindantes tamén vemos que se utilizan herbicidas para os cultivos e cremos que iso afecta, porque no momento no que hai choivas pois arrastan esa contaminación química, que remata directamente ao río ou no subsolo, afectando aos manantiais. Iso si que o vemos como un impacto importante", engade o de Pedras Galladas.
Nas inspeccións os voluntarios recollen mostras do bosque de ribeira, unha peza clave para a sustentabilidade do ecosistema, ademais de identificar posibles especies invasoras e controlar as poboacións autóctonas de anfibios ou peixes. Para facerse unha idea do estado de saúde do río tamén é importante saber a presenza dos invertebrados e o seu estado de saúde, que os participantes comproban cazándoos cunha rede para despois devolvelos ao caudal.
"O que facemos é tomar a temperatura da auga, e despois analizamos clínicamente o pH, o oxíxeno ou o nivel de nitratos que hai na auga", explica Martínez. Todos os resultados estaban en "niveis aceptables e óptimos", unha situación normal para o río. "Estamos en continua vixilancia sobre posibles ameazas ou alteracións do río, desde o seu nacemente á desembocadura. Temos identificado vertidos puntuais dos colectores e puxémolos en coñecemento do Concello", apunta.
Na actividade participaron unhas 15 persoas, que durante dúas horas percorreron un tramo do río levando a cabo todas esas comprobacións. "Creo que é importante que o río e o seu entorno sexan coñecidos porque o río é un ecosistema terriblemente sensible a calquera alteración. A sociedade moderna non pode vivir de costas ao río", di o encargado da actividade.
O sábado ás 10.30 horas terá lugar unha nova inspección do río Valiñas. O colectivo pide a todos aqueles que queiran participar que usen roupa e calzado cómodo. O punto de encontro será no Centro Social ledoñés e desde alí os participantes camiñarán ata a zona de inspección, no acceso ás Naveiras desde a rotonda do polígono.
Suscríbete para seguir leyendo
- El asador de Lugo que conquistó el polígono de Sabón con su chuletón: 'Solo ofrecemos producto de calidad
- Dimite en bloque el equipo directivo del instituto de Carral por la implantación de la FP Básica
- El barbero de Arteixo que levantó su propio negocio con 19 años: 'Lo importante es formarse y tratar bien a la gente
- Una pareja de Culleredo acumula una deuda de 36.600 euros por un error con su dirección postal
- Cierra el Copacabana de A Coruña para celebrar sus 70 años por anticipado
- Cinco paseos marítimos cerca de A Coruña ideales para recorrer a pie: mar, acantilados y los mejores atardeceres de Galicia
- El Gobierno confirma a Coventina como adjudicataria definitiva del nudo de Meirama para la central reversible de As Encrobas
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular