Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Abegondo lanza o Certame das Letras Galegas con premios de ata 180 euros

Ata o 15 de xuño poderánse presentar obras en narrativa, poesía, debuxo, pintura e audiovisual

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Abegondo

El Concello de Abegondo abre o prazo de inscripción para participar no Certame das Letras Galegas, unha cita que ten como fin "potenciar o uso da lingua galega e promover a literatura galega, así como conmemorar o Día das Letras Galegas e homenaxear a figura de Begoña Caamaño". As obras poderán presentarse ata o 15 de xuño para optar a premios de ata 100 euros.

O certame conta con categorías de infantil, primaria, secundaria e menores de 18, e adultos. Os interesados en participar poderán facelo nas disciplinas de narrativa, poesía, debuxo e pintura, e audiovisual. Os nenos que cursen estudos de infantil poderán participar nas modelidades de debuxo e pintura e recibir premios de 100, 80 e 60 euros según a súa clasificación, mentres que os estudantes de primaria, secundaria e menores de 18 anos poderán presentarse na modalidade de narrativa e poesía.

Para os adultos o máximo premio á categoría de narrativa e poesía será de 180 euros. Na modalidade audovisual non haberá límites de idade. Neste último as bases indican que serán admitidas pezas que "enxalcen ou estean relacionadas coa promoción da lingua". " Valorarase a orixinalidade, contido didáctico e valor cultural e antropolóxico", sinala o Concello. Para esta modalidade o premio é de 100 euros.

Tracking Pixel Contents