Dimite o concelleiro do BNG de Betanzos Salvador González por "motivos persoais e sindicais"
A formación agradece a "seriedade, responsabilidade e capacidade de traballo" do xa exedil

Salvador González. / LOC
O concelleiro do BNG en Betanzos, Salvador González, presentou hoxe a súa renuncia á acta por motivos persoais e sindicais que lle impiden continuar desenvolvendo o labor institucional coa dedicación que considera necesaria. Desde o BNG de Betanzos trasladan o seu agradecemento polo traballo realizado ao longo destes anos, destacando a súa implicación e compromiso co proxecto nacionalista e coa defensa dos intereses da veciñanza de Betanzos no eido institucional.
O responsábel local do BNG de Betanzos, Moncho Bouzas, puxo en valor “a seriedade, a responsabilidade e a capacidade de traballo” demostradas por Salvador González durante este mandato. “Como concelleiro sempre mostrou unha enorme vontade de achegar propostas e solucións para mellorar a cidade. Só podemos ter palabras de agradecemento polo esforzo e pola dedicación demostrada”, sinalou Bouzas.
Desde a organización nacionalista subliñan ademais que a saída de Salvador González da corporación municipal non suporá maiores cambios, xa que "continuará participando no día a día da organización, implicándose como até o de agora na toma de decisións, no traballo político e na actividade social e militante do BNG en Betanzos".
O BNG de Betanzos xa traballa no proceso de incorporación dunha nova persoa ao grupo municipal, "cunha aposta orientada a servir como reforzo tanto neste último tramo do mandato como de cara aos próximos retos políticos e electorai"s. “Estamos centrados en incorporar o mellor perfil posíbel para continuar fortalecendo un proxecto sólido e con vocación de futuro para Betanzos”, apuntan desde a formación nacionalista.
- La panadería de Carballo que conquista desde 1948: 'La gente congela nuestro pan cuando nos vamos de vacaciones
- Dimite en bloque el equipo directivo del instituto de Carral por la implantación de la FP Básica
- Arteixo comienza las expropiaciones para el proyecto peatonal en la carretera de Loureda a su paso por Ervedíns
- El barbero de Arteixo que levantó su propio negocio con 19 años: 'Lo importante es formarse y tratar bien a la gente
- La playa de Bastiagueiro en Oleiros celebra 40 años de bandera azul con un reconocimiento único en el Atlántico
- Dos ciclistas hospitalizados tras ser alcanzado un grupo de seis por un coche en Cambre
- El Aquapark de Cerceda comienza una nueva temporada: consulta horarios y precios
- Fallece un hombre tras caer de una escalera en Oleiros