As novas xeracións manteñen intacto o espírito de Xiradela: "En Arteixo hai poucos veciños que non pasaran pola asociación"
Este colectivo de música tradicional, unha das agrupacións máis lonxevas do municipio con preto de 50 anos en activo, conta cuns 300 socios na actualidade. Os integrantes toman clases de baile, pandeireta, gaita e percusión, ademais de participar en obradoiros e excursións durante todo curso

Novas xeracións da asociación xuvenil Xiradela de Arteixo. / LOC
Con tan só 3 anos, Uxía Verdía empezou a darlle ao baile, e con 5 xa tocaba a pandeireta. A actual presidenta da asociación xuvenil Xiradela de Arteixo, de tan só 25 anos, asegura que o seu vén de familia. "Meu pai foi un dos primeiros vicepresidentes do colectivo, e as miñas tías foron algunhas das fundadoras", di con orgullo a arteixá e profesora de baile e pandeireta de Xiradela, unha agrupación de música tradicional con preto de 50 anos en activo.
A día de hoxe son uns 300 integrantes, a maioría mulleres. Pero todo empezou a raíz da inquietude dun pequeno grupo de veciños e veciñas no ano 1980, nun momento que, en palabras da presidenta, a "oferta cultural era moito máis reducida do municipio". Teresa Carnota, Aurora Verdía e María José Carnota, as tres fundadoras do coletivo, foron homenaxeadas este ano polo Concello polo seu labor no ensino e divulgación da música tradicional. Un fito que a asociación celebrou con alegría. "Poucos veciños hai que non pasaran por Xiradela", agrega.
A agrupación organiza diversos obradoiros ao longo do ano, ademais de ofertar clases de baile, gaita, percusión e pandeireta para todos os públicos. "Estamos moi contentos, porque dende hai uns tres anos recibimos a moitos nenos pequenos", asegura Uxía Verdía, que di que o seu interese e esforzo por coñecer a música tradicional galega é o que garante que "poidamos revivir o mesmo espírito co que naceu Xiradela, hai máis de 40 anos".

Mulleres da asociación Xiradela de Arteixo. / Sabela Moscoso
A presidenta cre que a popularización de Tanxugueiras marcou un precedente para as novas xeracións. "Temos uns músicos impresionantes aquí, e pouco a pocuo, a xente está dándose conta e dándolles o valor que merecen", sostén a arteixá, que di que ese é precisamente o cometido de Xiradela.
Un certame que chama a músicos de toda Galicia
A asociación arteixá leva 26 anos organizando un certame de música tradicional ao que acoden centos de asociacións de toda Galicia. "Convertiuse xa nun referente, e para nós é un pracer acollelos en Arteixo", afirma Verdía, que explica que o concurso se divide en catro categorías por idades o terceiro domingo de abril dende o ano 2000. Polo escenario do centro cívico pasan agrupacións chegadas dende Pontevedra, Ourense e Lugo, entre outros municipios.
A actividade do colectivo non para, e cada ano preparan unha excursión anual para os socios. O cadro de mestres de Xiradela repártese en dúas aulas diferenciadas: a de música e a de baile. No apartado de danza atópanse a propia Uxía xunto a Marina, mentres que a pandeireta corre a cargo de Silvia, Ángela e Fer. Pola súa banda, Suso encárgase de impartir gaita e percusión.
"Debemos manter viva a nosa memoria histórica e darlles o valor que merecen a eses señores e señoras anónimos que crearon estas músicas que hoxe nós replicamos", conclúe a presidenta.
- Cerceda nota el tirón de la Vía Verde con 18.000 usuarios en 2025: 'En el bar pasamos de vender dos menús diarios a 40 en menos de un año
- El asador de Lugo que conquistó el polígono de Sabón con su chuletón: 'Solo ofrecemos producto de calidad
- Marcos López, mejor instalador joven en la provincia de A Coruña: “Quiero ser electricista porque hay mucho futuro, tener una carrera ya no te asegura nada”
- La histórica panadería de Arteixo que sigue haciendo el pan como hace un siglo: 'De pequeño me dormía en los sacos de harina
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular
- Al rescate del antiguo jardín y el bosque del pazo de Baldomir: 'Es una península anclada a otro tiempo
- Oleiros abre el plazo para apuntarse a la cooperativa de la promoción Xardíns da Rabadeira
- Luz verde a la rehabilitación de Oseiro y Sol y Mar: la Xunta aprueba las ayudas para reformar más de 700 viviendas en Arteixo