Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Antón Tenreiro toma o relevo de Salvador González no BNG de Betanzos

Antón Tenreiro coas dúas concelleiras de Betanzos.

Antón Tenreiro coas dúas concelleiras de Betanzos. / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Betanzos

O BNG de Betanzos anuncia a entada no grupo municipal de Antón Tenreiro en sustitución de Salvador González, que renunciou á acta por cuestións persoais e sindicais.

A formación destaca a "ampla experiencia no mundo do activismo e da política" de Tenreiro, que ocupou o número dez da candidatura nas pasadas eleccións e que estreouse hai anos na política en Oleiros.

"Asume a concelllería con responsabilidade, con seriedade e con ganas de traballar en positivo polo ben dos veciños e veciñas, na liña que o leva facendo o BNG ao longo destes anos", destaca a formación, que agarda que a entrada de Tenreiro permita "fortalecer a acción social da organización" de cara ás proximas eleccións: "Queremos contactar con todo o tecido social de Betanzos, coas asociacións, os clubes e o conxunto das veciñas e veciños do concello", indica Tenreiro.

Tracking Pixel Contents