Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria histórica

A mocidade pide paso en Meirás: "Non se trata só de lembrar un feito histórico, senón de poñer en valor unha vitoria democrática"

Os mozos que integran o recentemente creado consello cívico impulsan o Día Meirás, que celebrou este sábado a súa primeira edición con coloquios, homenaxes, roteiros, sesión vermú, concertos e obradoiros

De esquerda a dereita, Carolina Monzo, Claudia Varela, Miguel Mosquera e Miguel Paz, integrantes do Consello Cívico Meirás.

De esquerda a dereita, Carolina Monzo, Claudia Varela, Miguel Mosquera e Miguel Paz, integrantes do Consello Cívico Meirás. / Damián S. Capelán

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Sada

O Día de Meirás. É o nome dunha nova cita no calendario festivo de Sada que se celebra esta fin de semana nunha leira extramuros de As Torres para rememorar un fito histórico, a recuperación para o patrimonio público da antiga residencia estival do ditador Francisco Franco.

Trátase dunha iniciativa impulsada por un grupo de mozos que creou o Consello Cívico Meirás, unha entidade que nace co obxectivo de asentar entre as novas xeracións o relato “real”, o do espolio e a recuperación tras anos de loita civil, política e xudicial desas nove hectáreas de “impunidade franquista”. A primeira edición desta festa leva por lema Memoria, tradición e futuro, e arrincou ao mediodía coa lectura dun manifesto e unha homenaxe a algunhas das persoas que contribuíron a facer posible esta conquista cidadá. Entre outros, Gonzalo Vázquez Pozo, concelleiro na Coruña que presentou en 1982 a primeira iniciativa para reclamar a devolución de As Torres e que lembraba a tensión naqueles anos entre os que querían avanzar e os que "tiraban cara atrás".

Persoas recoñecidas na primeira no Día Meirás pola súa contribución á recuperación das Torres.

Persoas recoñecidas na primeira no Día Meirás pola súa contribución á recuperación das Torres. / LOC

Na palestra, agasallados tamén cun caravel, outros históricos do activismo, como Manuel Monge; políticos como o exalcalde Abel López Soto de Sada, o actual rexedor Benito Partela ou exvicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín (que non puido asistir e envío unha carta de agradecemento); e o historiador Manuel Pérez Lorenzo, autor xunto a Carlos Babío de Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, un libro fundamental no cambio de relato e a vitoria xudicial.

O pazo de Meirás é patrimonio público de forma definitiva desde o pasado 11 de marzo e a mocidade pide agora paso e voz na resignificación desta edificación deseñada por Emilia Pardo Bazán e convertida tras a Guerra Civil nun dos baluartes da ditadura. O relato que construíu o franquismo, o do agasallo ao ditador, ssóalle a chinés a Claudia Varela, estudante de Xornalismo a cargo desta nova entidade xunto con Miguel Mosquera, Miguel Paz e Carolina Monzo, novas da Xeración Z ligados á Asociación Suárez Picallo que aspiran a ampliar a base deste movemento de recuperación da memoria democrática e incorporar perfís diversos para crear un espazo interdisciplinar aberto a todas as persoas que se "sintan orgullosas de ter modificado un relato falso preestablecido" e desexen contribuír a “divulgar, democratizar e poñer en valor a historia do pazo de Meirás”. "Non se trata só de lembrar un feito histórico, senón de poñer en valor unha vitoria democrática construída durante anos por asociacións, investigadores, institucións e cidadanía", subliñan.

Roteiro polo pazo dirixido polo historiador Manuel Pérez Lorenzo.

Roteiro polo pazo dirixido polo historiador Manuel Pérez Lorenzo. / Xulio Correa

Aspiracións compartidas por varias xeracións que este sábado celebraron o primeiro Día Meirás, no que a mocidade deixou xa a súa pegada cun deseño de actividades innovador, que combina as mesas redondas e os debates con roteiros guiados, sesión vermú, foliada e talleres para maiores e pequenos.

Actuación dun grupo de gaitas no Día Meirás.

Actuación dun grupo de gaitas no Día Meirás. / Damián S. Capelán

A festa, que se celebrará anualmente a primeira semana de xuño, continúa hoxe cunha Feira Democrática dá Memoria, máis música, coloquios e a entrega do primeiro Premio Meirás de Memoria Democrática e Dignidade Pública.

Tracking Pixel Contents