Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Mostra de Cans de Caza de Abegondo coroa a Capitán, de Antas de Ulla, e Amalia, de Vilarmaior

Arai, Terri, o lote de Papa, Roma, Bonita e Pequeña e os grifóns azuis de Pedro tamén resultaron galardoados

A mellor camada da Mostra de Cans de Caza de Abegondo, uns Grifóns Azuis de Gascuña do propio concello

A mellor camada da Mostra de Cans de Caza de Abegondo, uns Grifóns Azuis de Gascuña do propio concello / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Coruña

O Concello de Abegondo celebrou este domingo a súa habitual Mostra de Cans de Caza, que fixo xa 27 edicións. A finca As Quintás reuniu este domingo a criadores, afeccionados e os mellores exemplares destes animais chegados de toda Galicia. Foi organizada en colaboración coa Asociación de Cazadores de Abegondo.

A cita é un referente no almanaque desta modalidade e culminou coa entrega de premios ás diferentes categorías valoradas polos xuíces. Capitán, un exemplar da raza Gascon Saintongeois chegado do concello de Antas de Ulla foi o can que triunfou nesta xornada. O seu dono, o seoanés García, levou con el o galardón ao Mellor Can da mostra.

Amelia, chegada do concello veciño Vilarmaior, foi o vencedeor na categoría de Caza Maior. Este Sabueso Español é propiedade de Pepe Leira. Na categoría de Caza Menor de Pluma foi Arai, un pointer de Sada que pertence a Rubio o gañador. En Caza Menor de Pelo o beagle Terri, pertencente a Raúl de Paderne foi o máis destacado.

Na categoría de mellor lote os gañadores foron os anglo-franceses Papa, Roma, Bonita e Pequeña, pertencentes a Josacho da Laracha mentres que a mellor camada foi do propio concello de Abegondo, uns Grifóns Azuis de Gascuña, cuxo dono é Pedro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents