A asociación Xermolar celebra a súa primeira "foliadiña" en Cecebre para sacar o folclore das aulas
Os alumnos de iniciación de canto, pandeireta, baile e gaita estarán acompañados polas asociación Garrulaxe, de Cecebre, e As Mariñas, de Cambre este venres 19 de xuño

A asociación Xermolar en la terraza da Sociedade de Cecebre durante os ensaios da foliada / Gus de la Paz
Na terraza da sociedade de Cecebre un grupo de persoas ensaian voces e percusión para a que será a primeira foliada da asociación Xermolar, o grupo de música tradicional desta parroquia de Cambre.
Roberto Busto é o profesor encagado de dirixir as clases de canto e pandeireta, mentres Pamela Vázquez está cos de baile e Pilar Cruz agarda para comezar as leccións de gaita.
Cruz explica que hai uns sete anos antiguos alumnos retomaron o conxunto tradicional despois dun tempo en pausa. "A xente da directiva sabía que estábamos no folclore, porque cada un pertencemos a un grupo e contactaron comigo primiero, que vivo en Cecebre", di a profesora de gaita. Ela foi a encargada despois de falar con Busto e Vázquez.
Apenas levan dous anos de clases, pero os alumnos esán desexando mostrar os seus talentos. "A idea da foliada xurdiu deles. Pedíronnos se podíamos facela ou algún encontro entre nós. Nada moi grande, porque sobre todo ós de baile dalles como un pouco de vergoña, pero sí que querían facer algo para botar uns bailes e poder xuntarnos todos", sinala a profesora de baile.

Unhas alumnas de Xermolar ensaian para a foliada / Gus de la Paz
De aí puxéronse a organizar algo pequeno e coa intención de continuar se funcionaba. "Esta vez é algo máis familiar", afirma Cruz. Á cita están convidados tamén a Asociación Garrulaxe e Asociación As Mariñas, ambas de Cambre.
"O que queremos desta primiera foliada é sobre todo sacar ás clases das aulas porque agora hai moita foliada, hai un boom, pero moitos alumnos de iniciación ou de nivel intermedio teñen moito medo en meterse nas grandes foliadas", di Cruz. "A idea é que isto sexa para eles, que poidan bailar aínda que sexa un tacón, punta , xuntos. Que poidan pasalo ben, disfrutar do folclore dentro do seu nivel", engade.
"Partimos da base que están comezando neste mundillo, que non é cuestión de agobialos", sinala Busto. "Queremos que tomen un pouco de contacto, dunha forma máis tranquila. Nesta foliada estamos falando un pouco de 'foliadiña'", insiste.
O 'boom' da música tradicional
Nos últimos anos o interese na música tradicional galega experimentou un novo rexurdimento. "É máis visible o tradicional", constata Cruz.
En Cecebre a maioría, din os profesores, querían retomar unha actividade que deixaron de pequeno. "Son xente que sempre quixo aprender un pouquiño, sen darse a coñecer, nin lucirse; simplemente aprender porque lles gusta”, sinala Vázquez.
Nos grupos, sobre todo de canto e pandereta, hai persoas de varias idades, desde nenos a algún veciño maior. "Eu quero pensar que aos nenos ó ver o que fan os adultos chamalles a atención e queren facer o que eles fan. Non queren que se lles traten como nenos", di Busto.
Os máis maiores pouco a pouco van perdendo o medo inicial. "Sempre hai alguén máis botado para diante, entón sempre anima", apunta a profe de baile.
"A min pasábame cunha das alumnas, que ten moito panico escénico", lembra Roberto. "Eu sempre intento que os alumnos podan sacar as coplas e ela era unha mulleres que máis medo tiña. Agora xa se lle quitou o medo", destaca.
A foliadiña de Xermolar comezará este venres ás 19.00 horas no local da xventude de cecebre e rematará sobre ás 23.00 horas. "Os grupos van preparar unhas tres ou catro pezas duns dez minutiños e despois xa é foliada libre", explican os profesores. "A xente que se anime e veña con ganas de bailar".
- Cochinillo, churrasco y verbena con París de Noia y Los Satélites: la cita a 30 minutos de A Coruña perfecta para despedir julio
- Aparece el cadáver de un hombre de 50 en las instalaciones abandonadas de la antigua hípica de Culleredo
- Alegría con nombre y apellido en el sorteo de vivienda protegida en Oleiros: 'Me tocó el número de mi casa de toda la vida de México
- La Panorama, París de Noia y Ortiga, platos fuertes de las fiestas de Betanzos, que tendrán a Dolores Vázquez de pregonera: consulta todo el programa
- Los vecinos de Mosteirón vieron el España - Bélgica en la pantalla del escenario de la mayor orquesta de España
- Un joven de 18 años pierde una oreja en una pelea durante un cumpleaños en O Burgo con tres detenidos
- El Superior eleva a un año y 9 meses la pena de cárcel a la presidenta de una comunidad de vecinos de Culleredo que desvió más de 9.000 euros
- Una vecina dependiente de Paderne se queda sin 28 horas de asistencia mensuales ante la falta de fondos municipales