O BNG levará ao pleno de Oleiros a creación dun plan de mobilidade polo eclipse
A formación nacionalista alerta da afluencia masiva a zonas como o monumento natural Costa de Dexo-Serantes

El pasado 30 de abril se vivió el "día espejo" del eclipse solar de agosto en A Coruña / CARLOS PARDELLAS
O grupo municipal do BNG ten pensado preguntar ao Goberno local no próximo pleno polas medidas que ten pensado artellar para coordinar a chegada masiva de visitantes con motivo da eclipse solar prevista para o 12 de agosto.
En concreto, a formación nacionalista proporá a creación dun plan especial de mobilidade e tráfico «co obxectivo de evitar o colapso das estradas e accesos ás zonas costeiras», xa que entenden que espazos naturais de grande atractivo paisaxístico e científico, como o monumento natural da Costa de Dexo-Serantes, «poderían experimentar unha afluencia extraordinaria de persoas», cos conseguintes problemas de seguridade, colapso das estradas e presión ambiental sobre ecosistemas especialmente vulnerábeis, alertan nun comunicado.
Para evitar estas situacións esixen do Concello o reforzo dos servizos de seguridade, emerxencias e protección civil, garantindo unha resposta rápida ante calquera incidencia; a habilitación de zonas de estacionamento controlado ou disuasorio; sistemas de transporte alternativo cara ás áreas máis sensibles; a adopción de medidas de control de aforo e protección ambiental no ámbito do monumento natural, e o reforzo das tarefas de información e sensibilización ambiental dirixidas ás persoas visitantes.
Aparcamento en Seixo Branco
O BNG tamén aproveitará a sesión plenaria do mes de xuño para reclamar ao Goberno local oleirense que as persoas residentes na contorna do novo aparcadoiro público do Seixo Branco, de pagamento durante os meses de verán, conten cun cartón de residentes que lles permita estacionar todo ao ano sen ter que aboar a ORA. «Descoñecemos o número concreto, mais sabemos que é moi escaso», apuntan desde a formación, que defende que esta demanda veciñal ten que ser atendida polo Concello.
- Cochinillo, churrasco y verbena con París de Noia y Los Satélites: la cita a 30 minutos de A Coruña perfecta para despedir julio
- Aparece el cadáver de un hombre de 50 en las instalaciones abandonadas de la antigua hípica de Culleredo
- Alegría con nombre y apellido en el sorteo de vivienda protegida en Oleiros: 'Me tocó el número de mi casa de toda la vida de México
- La Panorama, París de Noia y Ortiga, platos fuertes de las fiestas de Betanzos, que tendrán a Dolores Vázquez de pregonera: consulta todo el programa
- Los vecinos de Mosteirón vieron el España - Bélgica en la pantalla del escenario de la mayor orquesta de España
- Un joven de 18 años pierde una oreja en una pelea durante un cumpleaños en O Burgo con tres detenidos
- El Superior eleva a un año y 9 meses la pena de cárcel a la presidenta de una comunidad de vecinos de Culleredo que desvió más de 9.000 euros
- Una vecina dependiente de Paderne se queda sin 28 horas de asistencia mensuales ante la falta de fondos municipales