Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG alerta de recortes estivais e falta de persoal no centro de saúde de Betanzos

Os nacionalistas alertan de que o Sergas non cubrirá todas as prazas de Pediatría

Amelia Sánchez, portavoz del BNG en Betanzos

Amelia Sánchez, portavoz del BNG en Betanzos / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Betanzos

O BNG de Betanzos denuncia a falta de planificación do Sergas ante a aparición de carteis en Pediatría que avisan de que non se cubrirán todas as ausencias do persoal no verán. Isto obrigará a pospoñer os controis de saúde de crianzas maiores de 15 meses ata o outono, priorizando só aos bebés, sinala o grupo.

A voceira nacionalista, Amelia Sánchez, alerta de que esta medida "axuda a colapsar as consultas no outono" polo que lle esixe á Consellaría de Sanidade a contratación de reforzos inmediatos para o verán.

Ademais, o BNG betanceiro critica que nas últimas semanas o centro de especialidades estivo sen traballadora social ao quedar sen cubrir unha baixa laboral, prexudicando a usuarios que precisaban tramitar axudas con prazos urxentes. As nacionalistas anuncian que levarán a cabo iniciativas locais e parlamentarias para esixir que se cubran todas as vacantes.

Tracking Pixel Contents