Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG denuncia a "paralización" do servizo de Urbanismo en Culleredo tras a "fuga" de cinco funcionarios

Os nacionalistas móstranse alarmados ao coñecerse no último pleno unha nova baixa de persoal

Vista da Casa do Concello de Culleredo.

Vista da Casa do Concello de Culleredo. / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Culleredo

"O Servizo de Urbanismo do Concello de Culleredo atópase nunha situación de colapso case total", asegura o BNG tras coñecerse no último pleno municipal a intención da única arquitecta superior que quedaba de cambiar de destino e abandonar o seu posto de traballo. Esta marcha voluntaria súmase a unha longa lista de baixas que deixaron o departamento en "mínimos históricos en moi pouco tempo", tal e como denuncia a formación nacionalista.

A crise de persoal na área faise especialmente evidente ao analizar os datos do último ano, sinala o BNG, que di que neste exercicio tomaron posesión dous novos profesionais na categoría de arquitecto superior, pero un deles abandonou o servizo a menos de dous meses de comezar e a profesional que restaba no departamento xa anunciou formalmente a súa saída cara a outra Administración.

Ante esta situación, o BNG insiste en que algo moi grave está a pasar dentro da Casa do Concello e lembra que xa denunciou este escenario en reiteradas ocasións, chegando a pedir a recusación e o cese da concelleira de Persoal, Marta Figueroa.

Para o voceiro nacionalista, Tono Chouciño, a actitude do Executivo local é a raíz do problema. O voceiro afirma que ao alcalde, José Ramón Rioboo, parece que "lle estorban" os funcionarios con capacidade de emitir informes e de avaliar a legalidade das actuacións do Goberno Municipal. Por este motivo, Chouciño acusa ao Goberno local de instalar un ambiente totalmente "hostil e irrespirábel" en torno aos técnicos até que logran a súa marcha voluntaria.

Tracking Pixel Contents