Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG confirma a Emilio Graña como candidato en Sada

O biólogo, docente e voceiro do BNG, que liderará la candidatura nacionalista nas municipais de 2027, convértese no primeiro aspirante confirmado dos grupos con representación no Concello

Emilio Graña, candidato do BNG á Alcaldía de Sada.

Emilio Graña, candidato do BNG á Alcaldía de Sada. / LOC

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Sada

O BNG de Sada vén de elixir en asemblea a Emilio Graña Mosquera como cabeza de lista para as eleccións municipais de maio de 2027, convertíndose no primeiro candidato á Alcaldía confirmado dos grupos con representación no Concello.

Segundo destaca a formación nacionalista nun comunicado, Graña, biólogo de formación e docente de profesion, vén de ocupar a portavocía do BNG na corporación durante a presente lexislatura despois de ser o candidato nos anteriores comicios.

O xa candidato amósase "moi ilusionado" coa perspectiva de acadar un bo resultado nas vindeiras eleccións municipais, á vista dos resultados obtidos polo BNG en Sada nas pasada eleccións ao Parlamento galego.

Tracking Pixel Contents