Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lembranzas dun partido histórico que vale unha medalla Pardo Bazán: "Pasámolo moi ben, estaba todo Crendes abarrotado"

Manola Gómez era unha das xogadoras "solteiras" que con 13 anos participou no primeiro partido de fútbol feminino en Galicia, celebrado na parroquia de Crendes, en Abegondo, en maio de 1963

As xogadoras de Crendes, Abegondo, posan para unha foto antes do partido do 8 maio de 1963

As xogadoras de Crendes, Abegondo, posan para unha foto antes do partido do 8 maio de 1963 / Cedida por la Sociedade de Crendes

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Abegondo

A Xunta de Galicia concedeu este venres unha das medallas Emilia Pardo Bazán ás coñecidas como "pioneiras de Crendes", as xogadoras do primeiro partido de fútbol feminino disputado en Galicia. Aínda que algunhas xa faleceron as que entón eran máis novas, lembran con especial cariño aquel día.

"Xusto tiña 13 anos", lembra Manola Gómez, de 76 anos, sobre o 8 de maio de 1963. Ela participou como solteira naquel xa ilustre partido de solteiras contra casadas que tivo lugar na parroquia abegondesa de Crendes. "Éramos bastantes as pequeniñas, pero só en anos, porque tiñamos uns bos corpiños", di a de Abegondo.

Por aqueles tempos, explica a xogadora, non había solteiras moito máis maiores, porque a xente adoitaba a casar máis cedo, polo que as casadas tiñan sobre 20 ou 22 anos. A Manola animáronlle dúas veciñas a formar parte do que sería un partido "pioneiro". "As dúas eran da miña idade, moi amantes do fútbol. Oíramos algo de mulleres que xogaban noutros sitios e moito máis entretenemento non tiñamos", sinala.

Jugadoras Crendes, Abegondo, mayo 1963

Unha das porteiras en maio de 1963 / Cedidas por la Sociedade de Crendes

Todas formaban parte da Asociación Católica Cultural y Recreativa de Crendes, unha entidade fundada por homes para levar a organización das festas e outros eventos no núcleo. "Eles apoiáronnos moitísimo, porque todas éramos as súas fillas ou as súas mulleres", apunta Manola.

"Un día bárbaro"

Daquel partido, admite, non ten moitos recordos. "Lémbroo moi vagamente, era moi nena", afirma, pero admite que "pasámolo moi ben e había moitísima xente, estaba todo Crendes abarrotado". Ata o lugar achegáronse non só os veciños da parroquia ou arredores, senón tamén medios de comunicación e curiosos.

Unha das xogadoras de Crendes en 1963

Unha das xogadoras de Crendes en 1963 / Cedida por la Sociedade de Crendes

"Vestímonos en casa dunha das veciñas, acórdome que fumos todas á peluquería antes de xogar", di a xogadora, que sinala o bo ambiente que había no partido. "Animáronnos moito, botáronnos piropos, estiveron bromeando, como se facía antes", explica a abegondesa. "A verdade é que pasamos un día bárbaro", destaca. Desa xornada o punto amargo foi a rotura de tibia que sufriu a xogadora Maruja Cañás, que foi homenaxeada no seguinte partido.

A boa experiencia animounas a seguir xogando, a pesar das trabas e dificultades. "Un día fumos xogar a Betanzos e outro a Villarrodís", sinala Manola, que apunta que ela deixou o fútbol pouco despois, xa que emigrou co seus pais á Inglaterra aos 15 anos. "As outras seguiron, e gardan moi bo recordos", afirma.

Esta medalla é algo "moi bonito", pero non é o primeiro recoñecemento ás xogadoras. No 2016 organizouse un partido de honra, na que as pioneiras do 63 foron convidadas como público a ver o partido das novas xogadoras.

O legado que deixaron as de Crendes aínda se escoita nas novas xeracións. "Eu teño dúas netas que xogan ao fútbol. Unha é porteira en A Pastoriza e outra extremo esquerdo no Riazor da Coruña", sinala Manola, que engade que "gústame moito ir a velas aos partidos" e que os prefire aos de Primeira División masculina.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents