O BNG presenta a Alberte G. Nicolás como candidato á alcaldía de Miño en 2027
O portavoz do grupo repetirá de cara ás próximas eleccións, e contará con Tania Casás no número 2 e Jonás Vidal no número 3

Alberte G. Nicolás (medio) xunto a Jonás Vidal e Tania Casás. / LOC
O BNG de Miño acaba de anunciar que o actual portavoz municipal, Alberte G. Nicolás, volverá ser o candidato á alcaldía da formación nacionalista para as eleccións municipais de 2027. A decisión vén acompañada da presentación dos primeiros postos da candidatura, que contará con Tania Casás no número 2 e Jonás Vidal no número 3, configurando un equipo co que o BNG quere asentar no municipio de Miño un modelo de "goberno transformador".
Alberte G. Nicolás sinala que afronta esta responsabilidade “con ilusión e con convicción nun proxecto que leva anos demostrando que se pode facer política útil, próxima e centrada en mellorar o día a día da veciñanza”. O xa candidato destaca o labor realizado polo BNG neste mandato, “no que non nos limitamos a sinalar problemas, senón que puxemos enriba da mesa alternativas concretas en ámbitos como os servizos sociais, a mobilidade, o urbanismo ou o mantemento das parroquias”.
Segundo explica, o obxectivo da candidatura é “dar un paso adiante e construír un Miño máis dinámico, máis participativo e máis coidado, aproveitando todo o potencial do concello e poñendo no centro as necesidades reais da xente”. Neste sentido, subliña que o BNG chega a esta nova etapa “coa experiencia acumulada dun traballo serio e constante, mais tamén coa enerxía necesaria para impulsar un cambio de rumbo no concello”.
O candidato nacionalista tamén puxo en valor tanto o papel de Tania Casás como deJonás Vidal, que representan “unha combinación de compromiso, capacidade de traballo e proximidade”.
- Aterriza a una hora de A Coruña una de las mayores verbenas del verano: Panorama, El Combo, Los Satélites y París de Noia juntas desde este viernes
- Así es el pueblo de A Coruña elegido como el más bonito de España por la revista 'Viajar': con casas de colores, flores y balcones frente al agua
- La panadería de Oleiros que se resiste al cierre tras 60 años de historia en la comarca de A Coruña: 'No quiero que esto se pierda
- Guía para ver el eclipse en el área metropolitana de A Coruña: cortes de tráfico y mejores zonas de observación
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia
- El anticuario a 20 minutos de A Coruña con joyas del siglo XIX y un jardín secreto: 'Aquí nadie sabe lo que va a encontrar
- Culleredo cede 15 agentes para reforzar la plantilla de la Policía Local de Cambre