Opinión
O eclipse en Espenuca

Dos personas sentadas en un banco del mirador de A Espenuca, totalmente oculto por los eucaliptos. / LOC
Manuel Fiaño
O próximo día 12 de agosto Galicia converterase nun dos mellores escenarios de Europa para contemplar o eclipse. Miles de persoas buscarán un lugar elevado, cun horizonte despexado, desde o que asistir a un espectáculo que só acontece moi de cando en vez.
Sen embargo desde o miradoiro de Espenuca levase anos contemplando un eclipse moi especial: o «eclipse das vistas» que acontece os 365 días do ano durante as vinte e catro horas, sen ter que agardar por un día en concreto. A panorámica que desde alí se podía contemplar cando foi creado eclipsouse hai décadas.
O miradoiro foi concibido e deseñado na década dos anos cincuenta do século pasado por Alfonso Molina, enxeñeiro xefe de Vías e Obras provinciais e daquela alcalde da Coruña, que o imaxinou como un espectacular balcón sobre As Mariñas. Un lugar desde o que contemplar Betanzos e a súa ría, o val do río Mandeo e máis aló a cidade herculina. Un dos panoramas máis fermosos da comarca desde onde contemplar o solpor no horizonte da ría da Coruña. Un punto no que a vista dominaba os catro puntos cardinais. O escenario natural máis fermoso instalado no corazón mesmo da comarca das Mariñas.

Fotografía antigua de las vistas desde el mirador de A Espenuca, con su singular campanario / L.O.
Aquel soberbio balcón converteuse pouco a pouco e grazas á desidia das institucións que tiñan o deber de coidalo, nun balcón cego, coa persiana baixada. O horizonte segue estando onde sempre estivo pero o visitante tan só pode imaxinar unhas vistas que se antollan espectaculares. A contemplación da paisaxe desde o miradoiro de Espenuca é un verdadeiro exercicio de fe. As vistas existen, seguen estando aí e Incluso hai quen as recorda, pero non se ven. Para as novas xeracións son case unha lenda igual que a das meigas, «habelas, hailas».
Mentres que o 12 de agosto miles de persoas levantarán a vista cara ao ceo para ver como a Lúa oculta o Sol durante só uns minutos, en Espenuca non haberá novidade ningunha, pois desde o seu miradoiro a eclipse da paisaxe segue a ser permanente e duradeira.
Un dos atractivos turísticos do concello de Coirós e un dos miradoiros máis fermosos de Galicia está abandonado, ocultando durante anos a súa mellor riqueza sen que ocorra absolutamente nada. Contar con un miradoiro así é como abrir un museo coas obras tapadas por unha lona ou un teatro onde o pano nunca sobe. Un miradoiro sen vistas pode conservar o nome pero perde completamente o sentido para o cal foi creado.

Imaxe xerada con IA polo autor do artigo en base a unha panorámica real, pero sen os eucaliptos e cos bancos de granito que estaban nun principio cando deseñou este espazo Alfonso Molina e axardinou o entorno. / M. F.
Compre botar man canto antes deste espazo natural. Non estamos a falar dunha obra faraónica nin dunha intervención imposible. Trátase simplemente de devolverlle ao miradoiro aquilo que lle deu sentido cando Alfonso Molina o concibiu: a condición de espectacular balcón sobre As Mariñas. Recuperalo é unha débeda que temos coa nosa propia historia e ese é un labor que incumbe aos nosos gobernantes.
Para contemplar o eclipse de agosto abondará con levar unhas lentes homologadas, pero moito me temo que para contemplar a paisaxe desde o miradoiro de Espenuca, polo visto, seguirá facendo falta un milagre.
- Así es el pueblo de A Coruña elegido como el más bonito de España por la revista 'Viajar': con casas de colores, flores y balcones frente al agua
- La panadería de Oleiros que se resiste al cierre tras 60 años de historia en la comarca de A Coruña: 'No quiero que esto se pierda
- Guía para ver el eclipse en el área metropolitana de A Coruña: cortes de tráfico y mejores zonas de observación
- Hallado un bebé muerto en un domicilio de Sada tras negar la madre en el hospital un embarazo
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia
- Crece el malestar vecinal por la gestión del agua en Oza Cesuras y la oposición fuerza un pleno extraordinario
- El anticuario a 20 minutos de A Coruña con joyas del siglo XIX y un jardín secreto: 'Aquí nadie sabe lo que va a encontrar