Antón Tenreiro toma posesión como concelleiro do BNG de Betanzos
O político, que foi edil de Oleiros durante máis dunha década, volve coa "ilusión e a forza daqueles tempos e coa idea de sumar para o cambio que Betanzos necesita"

Antón Tenreiro. / LOC
Antón Tenreiro Ferreiro tomará posesión no pleno do Concello de Betanzos deste mes de xullo, completando así o grupo municipal do BNG. O novo edil nacionalista conta cunha dilatada experiencia na política local, pois foi concelleiro en Oleiros durante máis dunha década, e tamén formou parte do organigrama da vicepresidencia da Xunta, dentro do consorcio de Igualdade e Benestar.
En palabras de Tenreiro, volverá á primeira liña política "coa ilusión e a forza daqueles tempos e coa idea de sumar para o cambio que Betanzos necesita”.
O BNG reforza o seu grupo a menos dun ano das eleccións municipais, co foco posto na "preocupante xestión económica, na perda paulatina de servizos e de liderado e na errática xestión do Goberno local", tal e como indica o grupo.
Tenreiro amósase animado para traballar co fin de mellorar as cousas e ponse a disposición de toda a veciñanza de Betanzos para "cumprir coas súas necesidades".
- Aterriza a una hora de A Coruña una de las mayores verbenas del verano: Panorama, El Combo, Los Satélites y París de Noia juntas desde este viernes
- Así es el pueblo de A Coruña elegido como el más bonito de España por la revista 'Viajar': con casas de colores, flores y balcones frente al agua
- La panadería de Oleiros que se resiste al cierre tras 60 años de historia en la comarca de A Coruña: 'No quiero que esto se pierda
- Guía para ver el eclipse en el área metropolitana de A Coruña: cortes de tráfico y mejores zonas de observación
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia
- El anticuario a 20 minutos de A Coruña con joyas del siglo XIX y un jardín secreto: 'Aquí nadie sabe lo que va a encontrar
- Hallado un bebé muerto en un domicilio de Sada tras negar la madre en el hospital un embarazo