A occidental é, entre outras moitas cousas, unha civilización urbana. A sociedade moderna xurdiu en torno a expansión do comercio, da industria e dos servizos, sectores que conflúen con especial claridade no plano urbano. As urbes convertéronse nos motores económicos de Europa e do mundo nas civilizacións avanzadas, tornáronse, porén, en grandes focos atractores de poboación, necesaria para impulsar ese incesante crecemento xerador de emprego, de cultura, de oportunidades.

Comprender e ordear a complexa maraña de relacións que conforman as urbes tornouse nunha necesidade para quen goberna, obrigado a compensar os desequilibrios sociais, a minimizar os atrancos e a reforzar as sinerxias entre os milleiros de actores que compoñen o tecido urbán.

Nada teñen que ver as cidades de hoxe coas nadas na Revolución Industrial, mais os cambios non chegaron sos, senón da man dos que desde entón, pouco a pouco, afinaron o sistema na busca dunha maior xustiza social e dunha maior calidade de vida.

A Coruña non escapa a esa evolución e Inés Rey, que hoxe a goberna, non ten outro obxectivo que o de seguir na procura deses dous fins. Non hai xustiza social sen recursos económicos, sen emprego, sen oportunidades laborais dignas. Non hai xustiza social sen educación e formación, sen unha xusta redistribución das cargas fiscais, sen un sistema compensatorio que permita desde o público garantir o ascensor social acadado con tanto esforzo polos socialistas neste país trala recuperación da democracia.

O goberno de Inés Rey está facer da Coruña unha cidade mellor, e está a sentar as bases para que a urbe chegue ás vindeiras xeracións convertida nun territorio aínda máis atractivo, unha terra de oportunidades.

Non vale sentar a esperar. Por iso nos dous primeiros anos de mandato Inés Rey tomou decisións importantes e encarrilou asuntos dun fondo calado. O tren a Langosteira e a apertura do porto serán dous fitos históricos que configurarán A Coruña dos nosos fillos e netos. Esa cidade creará emprego de calidade grazas, entre outras cousas, ao impulso dado á Cidade das TIC. A Coruña, hoxe unha referencia en novas tecnoloxías, con case o 50% do total das empresas existentes en Galicia nese sector, está chamada a ser un referente internacional nese campo.

As peonalizacións e a nova mobilidade impulsarán un sector servizos que recuperará as rúas e animará o espazo público, un espazo público atractivo que se extenderá ata o mar, tamén donde hoxe limitan ese traxecto os muros do porto.

A Coruña será unha cidade máis metropolitana, que crecerá en harmonía cos concellos da súa contorna, actuando con eles de xeito coordinado nun continuo urbán dotado dos necesarios servizos. A urbe saberá aproveitar as grandes sinerxias que hoxe lle brinda o feito de ser capital mundial da industria textil, fomentando o desenvolvemento de todos os sectores vinculados a ese ámbito, desde as novas tecnoloxía ata a loxística, a arquitectura, o deseño ou o comercio internacional.

A ría, recuperada grazas á intervención do Goberno de Pedro Sánchez, ofrecerá novas oportunidades ao lecer, ao turismo, ao deporte e, en resumo, á economía sustentable, cun porto que seguirá a ser un referente pesqueiro e que está chamado a ser tamén motor industrial de Galicia en Langosteira, e motor da economía limpa na cidade. A Coruña será o que nós fagamos dela, e hoxe Inés Rey está a traballar para garantir un espléndido legado: unha cidade máis xusta e equitativa, unha urbe aínda máis recoñecida e desexada do que xa é. Vamos no bo camiño.