Por primeira vez en España, as mulleres premiadas coa bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación superan en número aos homes, cunha relación de 7 a 5. Unhas cifras que se atopan moi por enriba da media europea, na que só un 28% de mulleres recibiron esta distinción.

-Falta integración no ámbito científico?

-A ciencia non escapa ao problema da falta de presenza da muller nos diferentes ámbitos profesionais, é unha representación da sociedade na que vivimos. Hai dúas cousas que me pareceron moi positivas desta nova convocatoria: Unha é que hai moita representación de mulleres, algo que me parece moi bo e que dá unha mensaxe positiva á sociedade. Hai mulleres que están facendo boa ciencia e conseguen estas cousas. Hai que facer máis visible iso fronte aos estereotipos do científico clásico. Por outra parte tamén é unha moi boa nova que haxa unha representación bastante alta das ciencias sociais, como é o caso do meu proxecto. É necesario romper os esquemas e demostrar que se pode facer boa ciencia no campo social.