Dous científicos de Sea Around Us -un grupo de investigación internacional creado pola Universidade de Columbia (Nova York)- conclúen nun estudo que as "desviacións presentistas" condicionan o feito de considerar que as capturas de produtos do mar mundiais aumentaron, cando en realidade o repunte é froito da mellora dos sistemas de comunicación da pesca nos países do mundo. Ademais, segundo a investigación The "presentist bias" in time-series data: Implications for fisheries science and policy publicada recentemente pola publicación Science Direct, as cifras das capturas feitas con anterioridade a esta mellora non se corrixen. "Estas desviacións provocan que as series temporais de capturas totais semellen estables ou en aumento cando estas disminúen co tempo, con consecuencias potencialmente graves para a avaliación do estado das pesquerías nacionais ou para interpretar os datos de desembarques mundiais difundidos pola FAO [Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura]", aseguran tanto o líder de Sea Around Us na Universidade de Australia Occidental (UWA, polas súas siglas en inglés), Dirk Zeller, como o investigador principal da organización, Daniel Pauly.

Unha "desviación presentista" prodúcese cando os países melloran o sistema oficial de información sobre as capturas sen corrixir as realizadas con anterioridade, polo que se sobreestiman as actuais fronte as pasada, segundo Sea Around Us.

Pauly e Zeller desminten a teoría de "moitos científicos" de que non é preciso preocuparse pola corrección da información de periodos anteriores debido a que os datos máis recentes que se usan para as avaliacións son mellores. Estes científicos aseguran que isto leva á interpretación errada das tendencias da pesca, como ocorre cos datos históricos que proporciona a FAO dende 1950. Algo de especial relevancia nos países nos que non hay sondeos en detalle e con suficiente calidade para axudar nas avaliacións dos stocks, polo que en moitos lugares do mundo os datos de captura (nos que inclúen tanto os desembarques como os descartes) son, "desafortunadamente", os únicos o suficientemente representativos das pesquerías.

Os expertos exemplifican a súa teoría co acontecido en Tanzania e Mozambique. No segundo caso, o sector de pequena escala foi incluido de forma tardía no compendio de datos, no que nun principio só se recollían os das pesquerías industriais e semiindustriais. O país fixo un "esforzo coordinado" con outros estados para incorporar esta información, co resultado dun incremento do 800% das capturas en 2004 respecto ao ano anterior. Este aumento, segundo os científicos, débese "claramente" á mellora nos sistemas de comunicación e rexistro e non a cambios reais na cantidade de productos que se pescaron. Este resultado derivou nunha documentación histórica na que se constatou que o ano con máis capturas da frota de Mozambique foi 1980, dato que a FAO non empregou na corrección da información que existe antes do 2000.

Segundo Sea Around Us, existen métodos que permiten corrixir estes erros na información. "As desviacións presentistas poden compensarse coas correccións retroactivas dos datos, como coa reconstrucción das capturas", recolle o texto, no que os autores explican que a súa organización comezou a interesarse polas reconstruccións cando impulsou a incorporaciós ás estatísticas de sectores excluidos e da pesca recreativa e ilegal, entre outros.

A publicación invita aos países a ser conscientes desta realidade e recoñece que non existe "malicia" neste tipo de erros. Os estados, segundo os científicos, deben encargarse de corrixir a diferencia nos datos existentes e solicitarlle á FAO que varíe a información equivocada que ten dende 1950 para que esta apareza de forma correcta e as comparación sexa máis fieis.