Como compaxina ser patrón maior de Muros coa presidencia da Federación Provincial da Coruña?

Cando levas anos de patrón maior realmente a federación, aínda que cada confraría teña as súas cousas, é algo parecido. A xente pídeche que loites polo seu, o que debe ser. É consciente do que pasa, hai cousas que xa se sabe que é imposible porque estamos entre a espada e a parede porque temos que loitar pero á vez protexernos. Cada vez hai máis trabas e burocracia, pero a xente que anda ao mar preocúpase de traballar, de levalo o mellor posible.

A que retos se enfrontan os pósitos?

O problema máis grande que hai é o das cotas. Pouco importa que haxa pescado, como nós pensamos que si hai xarda, pero non podemos pescalo. O reto principal é ese, a ver se conseguimos cotas suficientes para que a xente poida sobrevivir e pescar sen ter que andar a facer moitas contas.