Cales son as principais preocupacións da frota galega?

A falta de cotas e de posibilidades de pesca. Aínda que ultimamente tramitamos outras cousas, a principal preocupación que teñen os mariñeiros é a escaseza de cotas e as novas normativas implantadas. Estamos buscando unha solución. Ademais pronto teremos unha reunión co sector do percebe e do mexillón porque hai un pequeno conflito coa extracción da mexilla.

Hai falta de relevo xeracional en Galicia?

Si, porque nós mesmos dende o sector aconsellamos aos fillos que estuden outra carreira e non sigan os nosos pasos porque temos moitísimos problemas. Hoxe en día ter un barco non é viable, pódeste arruinar. De que che vale ter unha embarcación moi competitiva e boa se non tes cota para pescar?