Suzanne Lindon

Francia / 73 min. / Ficción / Francés

Ficha artística:

Suzanne Lindon, Arnaud Valois, Florence Viala de la Comédie Française, Frédéric Pierrot, Rebecca Marder de la Comédie Française

Ficha técnica:

Guión: Suzanne Lindon

Fotografía: Jérémie Attard

Edición: Pascal Chavance

Produción: Caroline Bonmarchand

Suzanne ten 16 anos. A xente da súa idade abúrrea. Cada vez que vai ao instituto pasa diante dun teatro. Alí coñece a un home maior ca ela que se converte na súa obsesión. Aos poucos coñécense e, a pesar da súa diferenza de idade, acaban namorándose. Pero Suzanne sente que pode perder esa vida de adolescente á que tanto lle custou afacerse.

Suzanne Lindon

(París, Francia, 2000)

Suzanne graduouse con honores no instituto en 2018 e decidiu realizar un curso preparatorio de debuxo dun ano antes de entrar na École Nationale Supérieure des Arts Décoratifs de París. É en 2019, o verán do seu 19 aniversario, cando decide dar o salto á preparación da súa primeira longametraxe como directora e actriz principal: 16 Printemps.

Teatro Principal