SINOPSE

Abla rexenta unha pastelería na súa propia vivenda en Casabranca, onde vive con Warda, a súa filla de 8 anos. A súa rutina, marcada polo traballo na pastelería e os labores domésticos, vese interrompida cando unha moza embarazada chama á súa porta en busca de emprego e teito.

DIRECTORA | MARYAM TOUZANI

Directora, guionista e actriz, Maryam Touzani, pasou a infancia na súa Tánxer natal antes de mudarse a Londres para cursar os estudos de xornalismo. Traballou como xornalista cultural especializándose no cinema do Magreb. En 2008 escribiu e dirixiu o seu primeiro documental para a Xornada Nacional da Muller en Marrocos. 'Adam' foi elixida como candidata aos Óscar para representar a Marrocos, é a súa ópera prima como directora.