"Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias. Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. Eses escritos místicos e visionarios, que xiran en torno aos anhelos máis íntimos e fondos do ser humano con respecto ao seu papel no mundo, a súa relación e harmonía coa natureza, así como unhas pingas de crítica social non exenta de certa mordacidade espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas.