Luis López Carrasco

España / 200 min. / Documental / Castelán

Ficha técnica:

Guión: Luis López Carrasco, Raúl Liarte Fotografía: Sara Gallego

Edición: Sergio Jiménez Barranquero

Produción: Luis Ferrón, Luis López Carrasco, Pedro Palacios, Daniel M. Caneiro, Ricard Sales, David Epiney, Eugenia Mumenthaler, Pablo Pérez

Varias persoas conversan no interior dun bar entre cigarros, almorzos e aperitivos. Lembran soños insólitos, comparten preocupacións laborais e proxectan plans de futuro. A medida que avanza a xornada escóitanse, cada vez máis preto, os disturbios da crise industrial de 1992. Ese ano celebráronse en España os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Expo de Sevilla. O Estado presentábase fronte a comunidade internacional como un país desenvolvido, moderno e dinámico. Mentres, en Cartaxena as protestas pola crise adquiren unha violencia crecente ata acabar cunha revolta multitudinaria que desemboca na queima do parlamento rexional.

Luis López Carrasco

(Murcia, 1981)

Cineasta, produtor e escritor. É cofundador do colectivo audiovisual Los Hijos, dedicado ao cinema documental experimental. O seu traballo como director foi proxectado en numerosos festivais internacionais e centros de arte contemporánea. O futuro, a súa primeira longametraxe en solitario, foi estreada no Festival de Cinema de Locarno 2013 e seleccionada en máis de cincuenta festivais.

NUMAX