Christos Nikou
Grecia / 90 min. / Ficción / Grego
Ficha artística:
Aris Servetalis, Sofia Georgovassili,
Argyris Bakirtzis, Anna Kalaitzidou
Ficha técnica:
Guión: Christos Nikou, Stavros Raptis
Fotografía: Bartosz Świniarski
Música: The Boy
Produción: Iraklis Mavroidis, Angelo Venetis,
Aris Dagios, Mariusz Włodarski, Christos Nikou
No medio dunha pandemia mundial que causa amnesia repentina, Aris atópase inscrito nun programa de recuperación deseñado para axudar aos pacientes non reclamados a construír unha nova identidade. Con tarefas diarias prescritas en cintas de casete para que poida crear novas lembranzas e documentalos coa cámara, Aris regresa á vida cotiá e coñece a Anna, unha muller tamén en proceso de recuperación.
Christos Nikou
(Atenas, Grecia, 1984)
A súa curtametraxe KM participou en máis de 40 festivais de cinema internacionais, incluído Rotterdam,
e gañou o premio á mellor curtametraxe no Festival de Cinema de Motovun de Croacia. Durante os últimos dez anos, traballou como asistente de dirección en longametraxes como Dogtooth (Yorgos Lanthimos) e Before midnight (Richard Linklater). Apples é a súa primeira longametraxe.
NUMAX