A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda fundouse na cidade da Coruña o día 17 de Agosto de 1976. Defínese estatutariamente como unha Asociación que pula pola divulgación, dinamización e dignificación da cultura galega, ben como pola plena normalización social da língua do noso país.