Dea Kulumbegashvili

Francia, Xeorxia / 125 min. / Ficción / Xeorxiano

Ficha artística:

Kakha Kintsurashvili, Rati Oneli, Ia Sukhitashvili

Ficha técnica:

Guión: Dea Kulumbegashvili, Rati Oneli

Fotografía: Arseni Khachaturan

Edición: Matthieu Taponier

Produción: First Picture, O.F.A.

(Office of Film Architecture)

2020: Cuncha de ouro á mellor película, cuncha de prata á mellor dirección, cuncha de prata para a mellor actriz e premio do xurado ao mellor guión no Festival de San Sebastián.

Nunha tranquila vila de provincias, unha comunidade de Testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, o mundo de Yana, a esposa do líder da comunidade, desfaise lentamente. A insatisfacción interior de Yana medra mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.

Dea Kulumbegashvili

(Xeorxia, 1986)

Estuda dirección de cine na Universidad de Columbia. Dirixiu as curtas Invisible Spaces (2014), que competiu na Sección Oficial de curtas do Festival de Cannes, e Léthé (2016), co que volveu ao certame francés, esta vez dentro da Quinzaine des Réalisateurs. Dasatskisi é a súa primeira longametraxe e formaba parte da selección oficial do Festival de Cannes 2020, que foi cancelado pola covid-19.

NUMAX