Joe Begos

Estados Unidos / 80 min. / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Dora Madison, Jeremy Gardner, Tru Collins, Rhys Wakefield, George Wendt

Ficha técnica:

Guión: Joe Begos

Fotografía: Mike Testin Música: Steve Moore Produción: Channel 83 Films

Unha pintora brillante enfróntase ao bloqueo creativo máis duro de toda a súa traxectoria. Desesperada por atopar fontes de inspiración para rematar a súa obra, lánzase a unha espiral alucinada de drogas, sexo e morte, nas paisaxes máis sórdidas de Los Ángeles.

Joe Begos

(Rhode Island, Estados Unidos, 1987)

Con 12 anos comezou a experimentar cunha cámara doméstica para, máis adiante, facerse cunha propia e rodar numerosas curtas co seu amigo Josh Ethier, futuro produtor, montador, deseñador de son e actor en case todas as súas películas. Traballou como director de escena en Re-Animator: The Musical. Tras realizar a curtametraxe Bad Moon Rising (2011) debutou na longa con Case humanos (2013).

NUMAX