Concerto de folk.

Carolina Rubirosa

É coñecida principalmente polo seu traballo en The Funkles pero agora decidiu apostar novamente pola súa estrada en solitario. É no formato acústico onde mostra toda a súa capacidade vocal, profundando matícesnos e quizais se aprecia en maior medida a sensibilidade de certas cancións e interpretacións.

Budiño

Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigamento e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronteirizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.