Kamir Aïnouz

Francia, Arxelia, Bélxica / 100 min. / Ficción / Francés

Ficha artística:

Zoé Adjani, Amira Casar, Lyès Salem, Louis

Peres, Idir Chender, Axel Granberger, Jud

Bengana, Rym Takoucht, Samir El Hakim

Ficha técnica:

Guión: Kamir Aïnouz.

Fotografía: Jeanne Lapoirie.

Edición: Albertine Lastera.

Produción: Christine Rouxel, Marie-Castille

Mention-Schaar.

París, 1993. Selma, de 17 anos, vive nunha familia bereber burguesa e laica. Cando coñece a Julien, un mozo aposto polo que sente unha forte atracciónl, dáse conta por primeira vez das estritas regras da súa familia patriarcal e de como afectan a súa intimidade. Mentres o islamismo se apodera do seu país de orixe e a súa familia se desmorona, Selma descobre o poder do seu propio desexo. Ela debe resistir e loitar. Grazas á forza da súa xente, comeza a camiñar pola senda do que significa converterse nunha muller libre.

Kamir Aïnouz

(París, 1976)

Estudou escritura cinematográfica na Universidade de California, Los Ángeles (UCLA), e participou en varios obradoiros de realización cinematográfica na USC- School of Cinematic Arts. Kamir desenvolve contido

orixinal inspirado na súa cultura dual alxerina e francesa. Cigare au miel é o seu debut como directora. O seu

guión orixinal foi seleccionado no Rawi Screenwriters Lab co Sundance Institute.

Salón Teatro