Quen manipula os fíos?

O Colectivo Cinema Sticado segue a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e o poder, e a posibilidade de combatilos.

Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casa illada, un Ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles…. un maletín.

Ficha artística:

Humanos en directo: Helena Varela e Xosel Díez

Creación: Xosel Díez e Helena Varela

Texto: Julio Fer e Xosel Díez

Debuxos: xabi varela

Asesoramento dramatúrxico: Noemi Rodríguez

Programación Pure Data: João Pinheiro

Iluminación Led: Man Núñez

Decorados: Nola Rivera

Agradecementos especiais: Katja Vetter (NL) (polo seu patch de audio slice/jockey)

Duración aproximada: 60 min

Público: a partir de 12 anos